Noticias Sanidade Pública Outras novas INFORMACIÓN DA REUNIÓN DA COMISIÓN DE SEGUIMENTO DOS ACORDOS DE PRIMARIA 20-12-2011
 
 

INFORMACIÓN DA REUNIÓN DA COMISIÓN DE SEGUIMENTO DOS ACORDOS DE PRIMARIA 20-12-2011

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
A Administración tivo o agasallo de Nadal de introducir na orde do día tódolos puntos propostos por CIG-Saúde, total para o que lle costou o agasallo....., non nos fixeron caso algún, seguen enrocados agardando a que dende Madrid nos poidan poñer aínda peor o panorama.

A orde do día era a seguinte:

1.- Cómputo de xornada

Nós seguimos mantendo, e verase proximamente , que o aplicativo vai traballar a favor do Sergas, ou sexa en contra do persoal sanitario de PACs, a administración insiste en que o aplicativo funciona correctamente; volve a teorizar sobre o cómputo de xornada e negándose a reabrir este tema, chegando a dicir que a vía administrativa ou a xudicial sería a única que dera ou quitara razóns. Dende CIG-Saúde lamentamos que a administración non entre en razóns e teña o valor de convocar unha reunión práctica e non teórica dos múltiples supostos que demostran que o aplicativo non é eficaz cando hai xornada complementaria, xa que os permisos regrados irán a cargo desa xornada complementaria e non terán a consideración de xornada neutra. Como sabe que temos razón non farán esa convocatoria e o persoal afectado terá que recorrer ao contencioso-administrativo a resolver o mal cálculo, e o que non reclame: ganancia para o Sergas.........

2.- Elaboración de calendarios de PAC

A través da recollida de sinaturas que se fixo entre traballadores e traballadoras de PAC co fin de conseguir esta reunión, CIG-Saúde detectou certo malestar no persoal pola elaboración dos calendarios, queixas para tódolos gustos según o PAC, a xerencia, a voluntariedade ou non voluntariedade... Nós esiximos que se cumpran os acordos en canto a elaboración dos calendarios, garantindo inexcusablemente a xornada efectiva anual dos traballadores e traballadoras do PAC, a creación de postos de traballo coas horas de voluntariedade excedentes, a diferenciación no calendario do que é xornada ordinaria de PAC e o que é xornada complementaria co fin de clarexar o cómputo de xornada, solicitamos así mesmo que se faga unha instrucción ás xerencias para a elaboración correcta dos calendarios e os pasos a dar en caso de que non haxa acordo entre o persoal. A Administración dinos que agás algunha excepción tódalas xerencias teñen elaborados os calendarios co consenso de tódolos implicados/as, algúns ata finais de marzo de 2012 e outros ata primeiros de ano do 2013 contemplando nos casos en que era posible a cadencia de 1 traballado e 3 libranzas, que se presentarán ás comisións de centro antes de fin de ano e basicamente que está todo moi calmado, que non hai conflictividade ningunha  a pesares do difícil que é manter o equilibrio entre o persoal das unidades, dos PACs e o dos listados de contratación.

Resumindo “ o que non estea contento que se poña , e senón que reclame na comisión de centro que para eso están”.

 

 

 

3.- Cuestións da acta do 16 de xuño

Dende CIG-Saúde denunciamos que non se está a aplicar correctamente a acta do 16 de xuño de 2011 da comisión de seguimento dos acordos de primaria, xa que as xerencias están a permitir que o persoal de nova incorporación faga máis de 230 horas de voluntariedade, non se están a respectar os criterios de quén perde o dereito á voluntariedade, e o máis grave, que a bolsa de horas xerada non se está a utilizar para facer contratacións. Todos sabemos que a hora de traballo voluntaria costa, en xeral,  un 24% menos que a hora contratada por aquelo dos topes na cotización á seguridade social.

4.- Contratacións

Incúmprese o acordo sobre a orde de prelación na cobertura das ausencias :

.- Contratación a través das listas

.- Prolongación de xornada

.- Intersubstitución.

A administración substitúe estes criterios acordados polos de bloqueo das axendas e intersubstitución, despois de un longo debate sen argumentos por parte da administración, con alusión á crise económica, e á programación asistencial o que veñen a dicir é que a xerencia é a que determina a cobertura, como, cando e onde.

Denunciamos así mesmo a frecuencia coa que se están a facer contratos de xornada reducida para a cobertura de xornadas completas; ó igual que no punto anterior non poidemos arrancar un mínimo compromiso de arranxar isto, volven  repetir o mesmo argumentario de xestión, do momento económico....

 

 

Fin da reunión, como podedes comprobar o resultado da mesma foi nulo. Como non espabilemos córtannos as orellas e non laiamos, teñamos un medianamente bó Nadal e á volta témonos que pòñer a traballar para navegar pola marea azul.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto