Noticias Sanidade Pública Mesas Sectoriais RESUMO MESA SECTORIAL DO 22/12/2011
 
 

RESUMO MESA SECTORIAL DO 22/12/2011

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

 

  1. Proxecto de Orde pola que se regula o contido, uso e acceso ao expediente electrónico do persoal do Sistema Público de Saúde de Galicia.

Preséntannos a Orden na que se regula o sistema de acceso ao expediente electrónico. Queda pendente de que tras pasar polos trámites administrativos pertinentes se publique no Diario Oficial de Galicia.

 

  1. Concurso de traslados.

A Administración manifesta que para facer a convocatoria do concurso de traslados necesariamente teñen que ter a confirmación de que os ocos resultantes do mesmo se poidan cubrir a través dunha OPE. Sen esta condición non pretenden convocar concurso de traslados.

A inscrición farase a través do expediente electrónico e teñen a intención de abrir o proceso no mes de xaneiro.

Consolídase a puntuación adicional para FEAS pola prestación de servizos nos hospitais comarcais de difícil cobertura. Non aceptan a incorporación dos hospitais de Barbanza e Salnés porque non reúnen as mesmas condicións para a súa cobertura como o resto de hospitais comarcais.

Incorpórase unha puntuación adicional por reagrupación familiar. Non se terán en conta as parellas que non sexan traballadores da Administración Pública. Esta puntuación será de aplicación para todas as categorías.

Desenvólvese a valoración da capacidade funcional. Limitarase o acceso a aquelas prazas nas que non sexa posible a adaptación do posto por razón de saúde.  Acéptase a nosa petición de permitir o trámite de audiencia do interesado unha vez emitida a resolución definitiva.

A Administración prantexa que nun futuro, para o persoal de enfermería (DUE), pretenden incorporar no baremo do concurso de traslados o mesmo que para licenciados sanitarios (formación, docencia e investigación).

Non aceptan incorporar que se puntúe o período de residencia como servizos prestados na especialidade.

Dende CIG solicitamos que se inclúa no texto da convocatoria a circular sobre regulación das excedencias por coidado de fillo/a ou familiar. A Administración non acepta a nosa petición posto que ditas instruccións non están publicadas no Diario Oficial de Galicia, aínda que recoñecen que independentemente de que se nomeen ou non no texto, serán de aplicación igualmente.

Solicitamos a convocatoria do 100% das prazas vacantes a concurso de traslados e manifestamos o noso rexeitamento á aplicación de calquer taxa de reposición. O único que acadamos foi o compromiso de que non sacarán a OPE ninguna praza que previamente non fora ofertada a concurso de traslados e ademáis a única cifra aportada foi que convocarán a traslados como mínimo 176 prazas.

Unha vez resolto o concurso de traslados procederase a facer a convocatoria de OPE en función da taxa de reposición que corresponda para o ano 2012. O nº de prazas ademáis verase afectado polo número de profesionais que a través do concurso de traslados acaden praza no Sergas procedentes de outras Administracións Públicas, xa que entran a formar parte do cómputo da taxa de reposición.

A Administración pretende pechar a negociación da convocatoria de concurso de traslados na vindeira Mesa Sectorial, na segunda quincena de xaneiro de 2012.

 

  1. Proxecto de Orde pola que se regula o proceso de integración no réxime estatutario de traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia das función, servizos e medios persoais afectos á asistencia sanitaria prestada pola Deputación Provincial de Lugo.

Achégase ás OOSS dito proxecto de orde de integración. Quedou pendente de que nos remitan o texto para que se presenten alegacións. Hai de prazo ata o 15 de xaneiro de 2012.

 



  1. Proxecto de Orde pola que se regula a notificación do recibo mensual de haberes por medios electrónicos no ámbito da Administración Autonómica de Galicia.

Unha vez revisado o Proxecto, infórmase de que é de aplicación en Función Pública pero non no Sergas. O Sergas ten o seu propio sistema de notificación (FIDES) que xa minimiza a existencia de recibos da nómina en papel.

 

  1. Rogos e preguntas.

  • Dende CIG solicitamos que se regule o procedemento de xustificación das IT (xa que algunhas xerencias non admiten os xustificantes  médicos e esixen parte de baixa dende o 1º día), quedaron en que o valorarán para poder incluilo na seguinte Mesa Sectorial.

  • Lembrámos o compromiso de que a instrucción do pago fraccionado do CPV pasara por Mesa antes de fin de 2011, e contestan que aínda non teñen a normativa elaborada, polo que queda para máis adiante.

  • Expoñemos un caso en Monforte onde a un traballador temporal, cun contrato de 3 días (29,30 e 31)  non lle abonaron o día 31 do mes de outubro porque segundo a Xerencia os días 31 non se abonan. Quedaron en revisar o caso concreto.

  • Preguntouse se sería posible que unha persoa en comisión de servizos poida incluirse nas listas de promoción interna do centro onde está en comisión. Nun principio consideran que non, pero van a revisalo.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto