Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria Medidas Urxentes do novo goberno de Rajoy para seguir esprimindo aos de sempre
 
 

Medidas Urxentes do novo goberno de Rajoy para seguir esprimindo aos de sempre

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Publícouse o pasado sábado no BOE o decreto de Medidas Urxentes para, seica, paliar o défice. Mais semella que non deixa de ser outra volta de torca, máis retallamentos que afectan aos mesmos de sempre: á clase traballadora. Vexamos algunhas desas medidas:

* No ano 2012, as retribucións do persoal ao servizo do sector público non poderán experimentar ningún incremento respecto ás vexentes a 31 de decembro de 2011. Isto é, unha conxelación salarial que se suma ás medidas que sobre o persoal do SERGAS xa se tiñan tomado previamente, e que supoñen unha mingua importante do poder adquisitivo deste persoal:
                        - Suspensión dos acordos retributivos 2008-2012.
                        - Recorte salarial de entre o 5 e o 7% desde xuño de 2010.
                        - Rebaixa dunha parte importante da paga extra de decembro de 2010. 
                        - Se a isto lle sumamos agora a conxelación salarial e os novos descontos do IRPF, e tendo en conta a importante inflación que soportamos... a diferencia de poder adquisitivo dos/as empregados SERGAS entre hoxe e o ano 2008 é considerable.

* Durante o ano 2012 non se procederá á contratación de persoal temporal nin ao nomeamentod e persoal estatutario temporal ou de funcionarios interinso salvo en casos excepcionais e para cubrir necesidades urxentes e inaprazables. Pois se ata agora, que si que se podía, contrataban o que contrataban, imaxinade o que van cubrir a partir deste decreto que limita tantísimo a contratación. Ou sexa, aumento de cargas de traballo e diminución da calidade asistencial conseguinte.

* Novo IRPF. Segundo este cadro que aparece publicado no BOE:

Imaxe1 
Unha persoa que teña un soldo bruto anual de, por exemplo, 25.000€, descontaríanselle da nómina en concepto de IRPF, ademáis do desconto actual, unha cantidade fixa por tramo de 132,80€, e 145.85€, que é un 2% de 7.292,80€, resultado de restarlle aos 25.000€ os 17.707,20€ iniciais do tramo. É dicir, unha persoa que teña un salario bruto anual de 25.000€ vai pagar en concepto de IRPF 278.65€ anuais máis; 23,33€ mensuais que se descontarán da súa nómina. Novamente, a cada paso menor poder adquisitivo.

E asi, unha tras doutra, medidas antisociais para paliar a crise do capital.
Despois de felicitarvos o Aninovo... xa podedes ver que non queren facernos empezar ben o ano. Digamos NON!!!
   
    
 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto