CIG Saúde Afíliate á CIG Saúde
 
 

Afíliate a CIG Saúde

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

ImaxeCampanhaAfiliacionCIG.preview A CIG vén de poñer en marcha unha campaña de afiliación nunha nova aposta coa que respostar a todos os ataques que sofre a clase traballadora galega e o desmantelamento de Galiza. Con esta iniciativa preténdese consolidar e ampliar a nosa capacidade de resposta. Nos tempos que corren é vital afortalar a nosa organización sindical, que ten unha traxectoria histórica de firmeza, coherencia, insubornábel, de confronto co sistema, e constitúe unha alternativa ao sindicalismo español do pacto social e de colaboración co poder.  afiliate

Qué significa afiliarse?
A afiliación na CIG Saúde, Federación da Sanidade da CIG, é un acto de compromiso e solidariedade. Compromiso, porque no acto, manifestas que as túas inquietudes e pensamento sindical coinciden en gran parte cos postulados e opinións nosas, e solidariedade porque a cota sindical que pagas non é a compra dun servicío senón a contribución desinteresada para o mantemento da organizacións sindical.
Tamén e un acto no que te comprometes a respaldar as mobilizacións e actos convocados polo sindicato sempre que poidas asumilos.
 
E que se financia coa túa cota sindical?
Pois a adquisición de edificios e locais do sindicato, así como o seu mantemento.
As campañas de mobilización e concienciación social.
A contribución a caixa de resistencia é que se utiliza só en conflictos longos e duros, e de desgaste económico para o afiliado de inmensa contía.
Os servicios técnicos como a Asesoría Xurídica e normalización liguística.
Servicios Sociais como a Secretaría da Muller ou Atención o Emigrante retornado ou Inmigracion.
Tódolos que xere o sindicato pola súa actividade instituciónal.
 
Asesoría Xurídica:
A asesoría xurídica esixe para a súa utilización por parte do traballador unha antigüidade mínima de 6 meses, ou o pago dos mesmos se queres utilizala, nunha medida que ten como fin promocionar a afiliación de conciencia e compromiso colectivo, e non a de interese individual exclusivo.
Ademais nas demandas nas que o traballador reclama diñeiro o sindicato estableceu unhas comisións sobre os cartos reclamados no caso de que a demanda sexa estimada e que diminue atendendo a antigüidade do afiliado que no caso de ter máis de 5 anos a comisión e 0%.
 
Descarga, enche e presenta no local sindical da CIG Saúde que che correspondete esta ficha de afiliación, cubrindo os cadros cos datos correspondentes dos que figuran nos cadros que se xuntan.
Tamén podes atopar máis información sobre o significado de afiliarse, descargando este documento.

     
 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto