Noticias Persoal Formación Publicadas en BOE as cualificacións profesionais de Celador/a e TCAE
 
 

Publicadas en BOE as cualificacións profesionais de Celador/a e TCAE

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
NO BOE desta mañá saen publicadas as cualificacións profesionais correspondentes a Celador/a e a TCAE, con nivel I e II respectivamente. Pódense consultar nesta ligazón.

Como se sabe, dese CIG-Saúde levamos tempo reivindicando o nivel III para TCAE e o nivel II para Celador/a, para adecuar estas categorías profesionais ao establecido no Estatuto Básico do Empregado Público no que respecta ás clasificacións de persoal.

Inda que hoxe sae publicado cuns niveis diferentes aos esixidos por CIG-Saúde, non renunciamos a estas esixencias e seguiremos facendo todo o que estea na nosa man para poder chegar algún día a acadar as nosas reivindicacións, no camiño de adaptar de xeito correcto as categorías profesionais ás clasificacións establecidas no EBEP e a mellorar a formación e valoración das profesións sanitarias.
 
 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto