Noticias Persoal Contratacións Información Comisión Central Seguimento do Pacto
 
 

Información Comisión Central Seguimento do Pacto

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Comisión de seguimento do pacto de Contratacións do 25/01/2012.


1. Expedient-e.

Están rematadas as validacións dos 3200 aspirantes inscritos nas categorías de Técnicos Superiores. Estas categorías, no apartado de Procesos do Expedient-e, no momento en que se habilite o aplicativo, (polo momento non está aberta esa parte do aplicativo) poderán visualizar cada un dos/das aspirantes a súa baremación desglosada. Por exemplo, no apartado de Formación Continuada virán relacionados todos os cursos baremados coa súa puntuación, e os cursos non baremados coas causas de exclusión.

2. Listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos/as.

A mediados de febreiro teñen previsto sacar a primeira publicación de listaxes provisionais de Técnicos Superiores. A semán que vén previsiblemente poderán dar unhas datas de publicación.
A Administración infórmanos de que se farán as seguintes publicacións de listas:
     1º Listaxes provisionais de admitidos/as e excluídos/as sen puntuación. Abrirase un prazo de reclamacións de 10 días para subsanar erros nos requisitos (titulación errónea, pago erróneo de taxas, cumprimentación incompleta da inscrición...).
     2º Listaxes provisionais de admitidos/as con puntuación desglosada (OPE, Formación Continuada, Experiencia Profesional...). Abrirase un prazo de reclamacións de 10 días para subsanar erros nos méritos.
     3º Listaxes definitivas de admitidos/as con puntuación.

As seguintes categorías que están a validar son as de PSX, Auxiliar Administrativo e celador. Hai 17000 inscricións.

En febreiro teñen intención de abrir as inscricións das seguintes categorías:

  • DUE
  • Traballador/a Social
  • Psicólogo/a Clínico/a
  • Técnico/a en Prevención de Riscos Laborais
  • Logopeda

Do resto de categorías non fan ningunha previsión.

3. Incidencias en Promoción Interna.

O expedient-e permite a inscrición en áreas diferentes, mentres que o pacto só permite a promoción interna na mesma área. No caso dos aspirantes de P.I. que se inscribiron nunha área distinta á área onde teñen a praza, sairán nas listaxes como excluídos, e poderán subsanalo no prazo correspondente. Acordouse unha única excepción, que se establecerá como critério xeral. A petición individual dirixida á Comisión Central de seguimento do pacto, un/ha aspirante xa inscrito/a en P.I. na área sanitaria onde ten a praza, alegando e xustificando razóns de conciliación da vida laboral e familiar, poderáselle permitir a inscrición en listas de P.I. nunha área sanitaria distinta á que ten a praza.
Por outra banda, a Administración expón un caso concreto e puntual dunha traballadora, que actualmente está en Comisión de Servizos por conciliación da vida familiar e laboral noutra área, que solicita activarse nas lista de Promoción Interna na área na que está en Comisión de Servizos alegando as mesmas razóns de conciliación da vida laboral e familiar (previamente xa estaba inscrita nas listaxes de Promoción Interna na área de orixe). Acéptase que entre nas listas vixentes de Promoción Interna da área na que está en Comisión de Servizos, mais non se establece como criterio xeral.


4. Outros.

  • Formación práctica específica. Teñen elaborado un procedemento xeral amplo para que cada centro o poida adaptar ás súas características. Unha vez o teñan rematado remitiránnolo para a nosa valoración, e así poder aprobalo nunha reunión posterior.
  • Clarexamento dos criterios aplicados pola Dirección Provincial de A Coruña no referente ás contratacións de substitución encadeadas por diferentes ausencias do mesmo titular sen incorporación efectiva do mesmo. Como criterio xeral, se non hai incorporación efectiva e física do titular mantense o mesmo substituto. No caso de que a substitución se considere de longa duración, aplicaríase a norma do pacto de contratación, ofertándose ao primeiro da lista. Exemplo: baixa seguida de maternal e posteriormente de excedencia. A excedencia ofertarase con criterio de primeiro de lista. Preguntamos ao SERGAS se este criterio non vai en contra do establecido no Estatuto Marco no que se refire ás substitucións sen perda do dereito de reserva de posto do titular. Estamos pendentes da resposta da súa Asesoría Xurídica.
  • Áreas limítrofes. Detectamos que houbo un erro ao non considerar a Zona de Cee como limítrofe con outras áreas que non fosen A Coruña. Modificarano para as seguintes convocatorias.
 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto