NON AOS RECORTES!!!

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CIG-Saúde rexeita as medidas de recortes para os/as empregados/as públicos/as que foron hoxe presentadas pola Conselleira de Facenda e o Director Xeral de Función Pública, non só por recortar dereitos laborais senón porque o que se pretende con estas medidas é rematar coa prestación da asistencia sanitaria. Se se trata de xestionar eficientemente, non entendemos porqué se recorta sempre a traballadores/as e non se introducen outro tipo de medidas para combater a crise, sempre se prexudica aos máis débiles, a clase traballadora. As medidas anunciadas van ser especialmente lesivas coas persoas aspirantes das listas de contratación e con aquelas que actualmente están contratadas con vínculos temporais, o que agravará o paro entre os/as traballadores/as de todas as categorías da Sanidade.

Estas medidas concrétanse en:

  • Aumento de 21 horas sobre a xornada ordinaria actual.
  • Redución obrigatoria dun terzo de xornada para o persoal actualmente contratado con vínculos temporais e interinos, coa correspondente redución retributiva. Como medida benefactora, o persoal fixo tamén poderá optar voluntariamente por solicitar unha redución de xornada dun terzo, coa correspondente redución retributiva.
  • Consolidación de contratos inferiores á xornada legalmente establecida.
  • Xubilación forzosa aos 65 anos, aplicando a taxa de reposición, podéndose dar excepcións individuais.
  • Perda do complemento retributivo da Incapacidade Temporal para enfermidade común e accidente non laboral ata o día 21 da IT (remítese á lexislación xeral da Seguridade Social: os 3 primeiros días non haberá retribución, do 4º ao 20º percibirase o 60%, e a partir do día 21 percibirase o 100%)
  • Regularase en Mesa Sectorial do SERGAS a xornada non inferior a 37,5 horas semanais.
  • Eliminación da Acción Social (para persoal estatutario desaparece a axuda por gardería, mellora por fillo/a..., para persoal funcionario desaparece toda a Acción Social). 

Estas medidas son inasumibles na súa totalidade, precarizan ainda máis as condicións laborais e salariais dos/as empregados/as da Sanidade, polo que precarizan a prestación da asistencia sanitaria. A quén prexudican estas medidas? Ao persoal fixo e temporal do SERGAS, ás persoas aspirantes das listas de contratación, pero, sobre todo,  a toda a cidadanía usuaria do servizo da Sanidade Pública, posto que ao precarizar e empeorar as condicións laborais, reducindo persoal e aumentando cargas de traballo, diminúe a calidade da asistencia sanitaria.

NON O PODEMOS PERMITIR. MOBILÍZATE!!!

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto