Noticias Persoal OPE Publicación notas OPE 2008/09
 
 

Publicación notas OPE 2008/09

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Segundo nos achega o SERGAS, o vindeiro venres, día 19 de febreiro, están previstas as seguintes publicacións:

  •  Notas provisionais da fase de concurso de :
    • FEA de cirurxía xeral e aparello dixestivo
    • FEA de nefroloxía
    • FEA de Xeriatría
    • FEA de psiquiatría
  • Notas definitivas da fase de oposición de todas as categorías cuxos exercicios foron realizados nos meses de outubro e novembro de 2009
Ademáis, na vindeira semana esperan ter un adianto do calendario coas datas de realización dos exercicios daquelas categorías que teñen que realizar exame práctico.

E tamén está previsto que o mércores, día 24 de febreiro, sexa publicada no DOG a apertura do prazo (15 días hábiles) para a presentación dos méritos da fase de concurso das categorías cuxos exercicios foron realizados nos pasados meses de outubro e novembro(coa excepción das categorías nas que se debe realizar un exercicio práctico, é dicir, grupo técnico, grupo de xestión, grupo auxiliar da función administrativa, persoal de servizos xerais e cociñeiros).
 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto