Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria ...e mentres a Xunta gastando millóns en campañas publicitarias
 
 

...e mentres a Xunta gastando millóns en campañas publicitarias

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

A Xunta de Galiza ven de anunciar unha serie de medidas de recorte nas condicións laborais d@s empregad@s públic@s ás que desde CIG-Saúde nos opoñemos firmemente. Asegura a Xunta que estando nos tempos de crise que estamos, hai que apertar o cinto e instaurar a AUSTERIDADE, así, con maiúsculas. O que pasa é que a Xunta de Núñez Feijoo debe de tomarnos por parv@s, porque esta "austeridade" que reclama como excusa para implantar día si e día tamén recortes drásticos nas condicións laborais e na prestación de servizos públicos, non é aplicada do mesmo xeito polo propio goberno galego.

Sen ir máis lonxe, durante o último mes, o DOG leva publicado catro anuncios de convocatoria de campañas publicitarias diversas, unhas de sensibilización e outras de propaganda pura e dura, por valor de, nin máis nin menos, seis millóns de euros. Entre esas campañas atópase a que se anunciou o pasado venres no DOG: RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2012, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación pola Consellería de Sanidade do servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria de sensibilización e promoción do consumo de medicamentos xenéricos entre a poboación galega (AB-CON1-12-002)., por valor de 2.200.000 euros, que, dito sexa de paso, saen dos petos de tod@s @s galeg@s, tamén des@s traballador@s aos que se lles segue a recortar nas súas condicións laborais apelando a non se sabe moi ben qué tipo de AUSTERIDADE.

Deixese de excusas, señor Feijoo. Para combater a crise, sobran medidas que non implican recortes contínuos para a clase traballadora nin desmantelamento dos servizos públicos. Só ten que aplicarse a vostede mesmo o que predica para os demáis. 6 millóns de euros en campañas publicitarias ben daban para contratar substitucións que cubran as ausencias do persoal, ou para non pechar servizos, ou para non recortar dereitos laborais, ou para non eliminar a Sanidade Pública, porque, señor Feijoo, por moito que o intente non nos engana: vostede o que pretende é ELIMINAR A SANIDADE PÚBLICA PARA FAVORECER AOS SEUS AMIGOS DA EMPRESA PRIVADA.
 

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto