Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria A CIG, xunto con outras OOSS, convoca mobilizacións en contra dos novos recortes da Xunta para os empregados/as públicos/as
 
 

A CIG, xunto con outras OOSS, convoca mobilizacións en contra dos novos recortes da Xunta para os empregados/as públicos/as

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
CIG, CCOO, UGT e CSI-F non descartan convocar folga en todas as administracións se o Goberno Galego continúa adiante co Anteproxecto de Lei
Representantes de CIG, CCOO, UGT e CSI-F nas diferentes administracións públicas galegas compareceron este martes en rolda de prensa conxunta para anunciar a convocatoria de mobilizacións en contra do Anteproxecto de Lei de Medidas no Emprego Público que prepara a Xunta. As organizacións sindicais realizarán concentracións todos os xoves de febreiro para amosar o seu rexeitamento a estes novos recortes nas condicións laborais e salariais e non descartan convocar folga en todas as administracións se o Goberno galego non retira este decreto.
12-02-07 RP mobilizacions Admons Públicas
 
De “agresivo e lesivo” cualificaba a voceira da Área Pública da CIG (Ensino, Saúde e Administración Pública), Maricarme López Santamariña, o contido do Anteproxecto que está a preparar a Xunta de Galiza e que suporá un novo recorte nos dereitos laborais e económicos do conxunto do persoal que presta servizos na Administración Pública. As novas medidas anunciadas a pasada semana pola Consellaría de Facenda, advertiu, suporán afondar no deterioro das condicións laborais para o persoal eventual e interino (ao que a Xunta quere obrigar a reducir un terzo da súa xornada laboral) e unha maior carga de traballo para os empregados/as fixos, xa que non se garante a cobertura das baixas e mantén a taxa de reposición do 0% (agás no ensino, saúde e servizos básicos cunha taxa fixada no 10%).

Alén disto, a Xunta pretende rebaixar os salarios en caso de Incapacidade Temporal (enfermidade común), eliminando o complemento que garantía a remuneración do 100% do salario e só ofrecendo a posibilidade de cobralo a partir do día 21 da IT. Así como reducir tres días de asuntos propios dos nove actuais, mantendo a mesma masa salarial malia incrementarse o número de horas, o que supón unha rebaixa implícita do salario.

Para a voceira da Área Pública da CIG estas medidas só contribuirán a deteriorar a calidade dos servizos públicos básicos e a xerar máis desemprego, ao tempo que afondan na perda de poder adquisitivo das asalariadas e asalariados públicos. Unha vez máis, denunciou, a Xunta de Galiza pretende que “sexan as súas traballadoras e traballadores quen paguen  os recortes que a administración vai realizar, segundo a conselleira de Facenda, para cumprir as exixencias de Bruxelas e do estado español”.

Concentracións todos os xoves de febreiro

Fronte a estas medidas, as organizacións sindicais acordaron convocar un calendario de mobilizacións conxunto que se estenderá durante todo o mes de febreiro. A primeira destas protestas terá lugar o vindeiro xoves 9 de febreiro, cunha concentración diante dos edificios da Xunta en San Caetano ás 12:00 horas. Alí, a representación sindical entregará un solicitude conxunta de retirada do Anteproxecto.

O 16 de febreiro haberá concentracións por todo o País, diante dos centros de traballo, ás 11:30 horas. Mentres que para o xoves 23 de febreiro está previsto realizar concentracións nas sete cidades ás 19:00 horas.

Ademais, dende as organizacións sindicais non desbotan a posibilidade de convocar unha xornada de folga en toda a área pública se a Consellaría non muda nas súas intencións e procede á retirada do anteproxecto.

A nova en Avantar.
   
 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto