Noticias Persoal OPE Primeiro exercicio OPE Lei 17
 
 

Primeiro exercicio OPE Lei 17

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publícase hoxe en DOG a RESOLUCIÓN do 3 de febreiro do 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se fai público o lugar e a data de realización do primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en diversas clases de persoal sanitario funcionario ao servizo da Comunidade Autónoma incluído no ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro

Este primeiro exercicio terá lugar nos seguintes días e lugares:

  • Inspectores farmacéuticos: 24 de febreiro do 2012 ás 10.00 horas, na Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa Madrid n.º 2-4 de Santiago de Compostela.
  • Inspectores médicos: 24 de febreiro do 2012 ás 10.00 horas, na Escola Galega de AdministraciónPública, sita na rúa Madrid n.º 2-4 de Santiago de Compostela.
  • Subinspectores sanitarios: 24 de febreiro do 2012 ás 16.00 horas, na Escola Galega deAdministración Pública, sita na rúa Madrid n.º 2-4 de Santiago de Compostela.
  • Farmacéuticos inspectores de saúde pública: 2 de marzo de 2012 ás 10.00 horas, no edificio docente Roberto Novoa Santos anexo ao Hospital Clínico Universitario de Santiago,sito na rúa A Choupana s/n de Santiago de Compostela.

Os/as aspirantes terán que ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade e de bolígrafo azul ou negro.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto