Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria Centos de empregados/as públicos/as concéntranse na EGAP coincidindo coa celebración da Mesa Xeral
 
 

Centos de empregados/as públicos/as concéntranse na EGAP coincidindo coa celebración da Mesa Xeral

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Exixiron, tanto na Mesa, como na concentración, a inmediata retirada do anteproxecto co que o PP pretende recortar as súas condicións laborais e salariais
 
Centos de empregados/as públicos/as participaron este venres na concentración convocada ante a Escola Galega de Administración Pública, coincidindo coa celebración da Mesa Xeral da Función Pública. Tanto as persoas concentradas, como os representantes sindicais que participaban na Mesa exixiron a retirada do “Anteproxecto de medidas no emprego público na Xunta de Galiza”. Denuncia que se trata dunha proposta que se limita a introducir recortes nas condicións laborais e salariais dos empregados e empregadas do sector público.
12-02-10 concentracion EGAP 001

A concentración, que volveu contar cunha importante participación de traballadoras e traballadores do sector público, converteuse nunha demostración do profundo rexeitamento que provocan as medidas que o PP pretende aplicar e que consideran que deteriorarán gravemente as súas condicións laborais e salariais.

Así, durante as dúas horas que durou a Mesa, a concentración converteuse nunha manifestación que foi rodeando o edificio onde se celebraba a xuntanza, con bucinazos, apupos e berros contra o Partido Popular e contra o propio Presidente da Xunta.

Entre mentres, na mesa, os representantes sindicais aproveitaron a ocasión para reiterar que o anteproxecto é innegociábel e exixir a súa retirada. Xunto a isto, unha persoa tras outra, foron demandando a apertura de ámbitos de negociación onde presentar propostas para racionalizar os gastos da administración pública. Racionalización que non viría, en ningún caso, polos recortes nas condicións laborais e salariais do persoal do sector público, senón polo recorte de todos os gastos que consideran inútiles.

O anteproxecto, tal e como veñen explicando estes días, preséntase co pretexto de recortar gastos para reducir o déficit. Porén, denuncian que ten como obxectivo último a redución do emprego público, a ampliación da xornada ou a aposta pola xubilación do persoal que traerá consigo a amortización de postos de traballo e o deterioro dos servizos públicos, para a súa posterior privatización.

Moitas das medidas que recollen vulneran, ademais, o dereito á negociación colectiva no sector público, derrogando convenios e modificando unilateralmente o V Convenio Colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Galería de imaxes

A nova en Avantar

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto