Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria Lei de Medidas Emprego Público: a quén queren enganar?
 
 

Lei de Medidas Emprego Público: a quén queren enganar?

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Onte, despois do Consello da Xunta no que se aprobou o proxecto de Lei de Medidas para o Emprego Público no que se perpetran graves recortes para os/as empregados/as públicos/as, o Presidente Feijoo deu a clásica roda de prensa na que anunciou a aprobación desta medida, indicando que as reducións de xornada que se recollen dentro deste proxecto da Lei serán voluntarias para o persoal fixo, só se aplicarán en caso de "necesidade" ao persoal interino e nunca a persoal da sanidade ou o ensino.

A quén pretende enganar o señor Feijoo? O anuncio de que o recorte de xornada no vai afectar ao persoal interino da sanidade é unha falacia, quizais non vaia afectar a aquel persoal que ten agora mesmo un contrato en vigor, é dicir, aquel persoal que neste momento forma parte do sistema, pero a redución de xornada xa está sendo aplicada desde hai tempo ao persoal que se contrata. A práctica na contratación que está a utilizar o SERGAS caracterízase por:

  • Contratos de xornada inferior á establecida: contratos de 9 a 14 hs, por exemplo.
  • Contratos de luns a venres: en lugar de cubrir as ausencias longas cun único contrato de substitución, fanse varios de luns a venres.
  • Contratos por 3 horas de xornada complementando o resto con contratos por gardas.
  • Redución do nº de contratacións, obrigando ao persoal a facer intersubstitución, é dicir, obrigatoriamente teñen que atender aos/ás doentes doutros cupos. Esta ausencia de contratación conleva peche de axendas ou sobrecarga no resto das consultas, sobre todo no nivel de Atención Primaria, levando ao colapso do sistema sanitario coa conseguinte perda de caldiade da asistencia. Xa calquera usuario/a pode ver como o seu médico/a de cabeceira tén lista de espera de ata unha semana!

Ademais, esta "non aplicación" que o señor Feijoo di que se vai facer para a sanidade e a educación non figura en ningún apartado do proxecto de Lei, nin no texto que entregaron o pasado mércores na Comisión de Persoal, nin no texto que a Consellaría de Facenda tén colgado no seu web. En base a qué non van aplicar esta medida ao persoal da sanidade e da educación? En base á palabra do señor Feijoo? Desde logo, a CIG-Saúde non se fía NADA da palabra do señor Feijoo, o mesmo que na campaña electoral previa ás eleccións nas que saiu elixido Presidente dixo que ía acabar coa crise en 45 días... onde eles van!!!

Deixense de enganos:

CIG-Saúde segue a rexeitar o proxecto de Lei de Medidas para o Emprego Público por ser lesivo para o sistema sanitario.

REXEITAMOS esta Lei dos Recortes, imposta pola Xunta do PP para facer pagar unha vez máis aos traballadores e traballadoras a crise que xerou a especulación financieira.

NON AOS RECORTES!!!! MOBILÍZATE!!!

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto