Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria O que perdemos cos recortes...
 
 

O que perdemos cos recortes...

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Da brutalidade da economía á brutalidade dos recortes.

O presidente da Xunta de Galiza, Sr. Alberto Núñez, anda farto de dicir que a nova Lei de Medidas (recortes en realidade) que van aprobar coa súa maioría parlamentar (e que terá un efecto lesivo para o sistema público, e non só para o persoal), é unha medida concibida para non ter que volver meter a man nos nosos salarios. A Xunta de Galiza, libre de toda culpa, seica “só” aplicou a redución salarial do 5%que lle impuxo o goberno central.

Esta é a maior das manipulacións da verdade ás que certos políticos nos teñen acostumados/as; e inda parece que a temos que crer.

Pero é que en realidade esta manipulación non vai dirixida ás traballadoras e traballadores, nós xa sabemos a perda salarial que levamos soportado nos últimos anos; este anuncio vai dirixido á opinión pública para afondar máis no intento de desprestixio das/os profesionais: “polo menos teñen un emprego fixo”. Parece que dan igual as condicións.

A CIG-SAÚDE fixo unha análise das retribucións que o persoal do SERGAS deixamos de percibir desde que o Sr. Alberto Núñez é presidente da Xunta de Galiza, coa conxelación dos Acordos Retributivos 2008-12 e coa conxelación da Carreira Profesional. Na táboa que figura no folleto de información que podedes descargar de aquí , pódese ver o montante de retribucións que se deixaron de cobrar en función da categoría. A perda de retribucións das categorías que faltan é igual en % ao seu grupo profesional, que aparece aquí recollida. A táboa completa de perda das retribucións de todas as categorías está a túa disposición no local sindical da CIG-SAÚDE.

Descarga e difunde !

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto