Noticias Outras novas Mobilizacións O secretariado confederal da CIG acorda celebrar manifestacións propias o día 29 de marzo
 
 

O secretariado confederal da CIG acorda celebrar manifestacións propias o día 29 de marzo

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Decidiu porse de acordo con CCOO e UGT para coordinar todo o traballo previo á xornada de folga e do propio día 29 para garantir o maior éxito posíbel da convocatoria
    
2012 03 01 CartazFolgaXeralReformaLaboral
O secretariado confederal da CIG, reunido esta mañá, decidiu pórse de acordo con CCOO e UGT para coordinar todo o traballo previo á folga xeral e o do propio día 29 de marzo, para garantir o máximo éxito posíbel da convocatoria. Xunto a isto, acordou emprazar a CCOO e UGT a ter unha unidade, pola base, nas empresas, nos centros de traballo e nos convenios colectivos para inviabilizar a posta en marcha da reforma laboral. Respecto das mobilizacións que se convocarán durante a xornada de folga xeral, o secretariado confederal decidiu celebrar manifestacións propias o día 29.
  
O secretariado confederal coincidiu na necesidade de manifestar a satisfacción da central sindical por facer coincidir a data da convocatoria de folga xeral, no día 29 de marzo, co obxectivo de obrigar ao goberno a retirar a reforma laboral.

Alén diso, aclara que a CIG non está por “dulcificar” a reforma, porque non vai axudar a crear emprego. Para a central sindical, a única xustificación que hai detrás da mesma é facilitar o despedimento; desregular o mercado laboral e incrementar os beneficios empresariais a custo de rebaixar os salarios e precarizar as condicións laborais.

Para a central sindical, a única alternativa é a retirada da reforma e a exixencia de que se poñan en marcha políticas económicas e sociais que garantan a creación de emprego e a mellora dos servizos públicos.

A nova en Avantar.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto