Noticias Outras novas Mobilizacións Delegados/as da CIG de Ferrol péchanse no Concello para esixir a retirada da reforma laboral e medidas urxentes para a comarca
 
 

Delegados/as da CIG de Ferrol péchanse no Concello para esixir a retirada da reforma laboral e medidas urxentes para a comarca

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
Mantiveron un encontro co alcalde da cidade, ao que pediron que condene as políticas de recortes aprobadas polos Gobernos galego e español

Arredor duns 50 delegados e delegadas da CIG de Ferrol, incluindo aos compañeiros e compañeiras de CIG-Saúde, iniciaron este mediodía un peche na Casa do Concello en protesta polas medidas contra a clase traballadora aplicadas polos gobernos galego e español –nomeadamente á lesiva reforma laboral-, así como demandar actuacións e medidas urxentes de carácter socioeconómico para reactivar os sectores produtivos da comarca e garantir uns servizos públicos gratuítos e de calidade.

Nunha nova xornada de loita de rexeitamento á batería de medidas contra a maioría social que os Gobernos do PP de Galiza e o estado están a levar a cabo, uns 50 delegados e delegadas da CIG de Ferrol pecháronse no interior do Concello para esixir un cambio de rumbo nas políticas económicas e sociais. Segundo explicaba durante o peche un dos voceiros da Unión Comarcal, Xesús Anxo López Pintos,  unha representación sindical xa mantivo un encontro co alcalde da cidade, Xosé Manuel Rei, a quen tamén entregaron un escrito coas principais demandas da central.

Así, indicou Pintos, esixíronlle ao alcalde que condene as políticas que están a facer os gobernos do PP en Madrid e na Xunta e que supoñen un ataque sen precedentes contra a maioría social. Especialmente no caso da reforma laboral, que rouba todos os dereitos á clase obreira e “nos ameaza con meternos na pobreza e a emigración”.  Por iso mesmo, durante o peche, os delegados/as da CIG fixeron un chamamento á participar na folga xeral do 29 de Marzo en defensa dos intereses da clase traballadora.

Do mesmo xeito, a CIG de Ferrol reclamou ao rexedor local que esixa tanto do estado como da Xunta medidas para salvar o sector naval da comarca, actuacións para o saneamento e rexeneración da ría –que continúa a ser a máis contaminada de Galiza-, que se poña freo á privatización dos servizos públicos (como no caso da privatización da xestión do centro de educación especial Souto de Leixa) e se garanta o acceso e a calidade de servizos básicos como a sanidade. A este respecto, Pintos criticou o peche do consultorio da Graña, que o Sergas, aproveitando unha sentenza xudicial, decidiu clausurar a pesar de dar servizo a máis de 800 usuarios/as, a maioría persoas con máis de 65 anos.

Ademais, a CIG de Ferrol tamén demandou ao alcalde que deixe sen aplicación a recentemente aprobada Lei de Medidas Urxentes do Emprego Público e que, na súa calidade de Presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, inste a todos os concellos do País a non adoptar ningunha desas lesivas medidas. 

Noticia extraida de Avantar.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto