Noticias Persoal Contratacións O SERGAS engana aos/ás aspirantes das listas de contratación
 
 

O SERGAS engana aos/ás aspirantes das listas de contratación

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

No DOG publicado no día de onte recóllese o seguinte anuncio:

      A) ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

     SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

     RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2012, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde (Hospital Lucus Augusti) de Lugo, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de dietética para    os centros do citado complexo hospitalario (AB-HLA1-12-006).

No DOG de hoxe recóllese estoutro anuncio:

     A) ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

     SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

     RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e ordinario do servizo de dietética nas cociñas do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (AB-CHS1-12-013).

No SERGAS está creada a categoría de Técnico en Dietética: Técnico Sanitario, así mesmo esta categoría é ofertada a selección temporal.  Na área de Lugo hai 36 persoas inscritas na devanditas listaxes, na área de Santiago figuran inscritas 31 persoas como aspirantes desta categoría. Non parece de recibo, e máis, parece un engano ao persoal, que se cree unha categoría estatutaria, que se oferte a selección temporal, que se creen expectativas de acceso ao emprego público, cando estes servizos están privatizados, e agora vólvese afondar na privatización.

Esiximos a paralización destes concursos, e a contratación deste servizo en todas as áreas a través das listaxes de vinculacións temporais do SERGAS.

Agardamos que o SERGAS cumpra coas ofertas realizadas de acceso ao emprego público.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto