Noticias Outras novas Mobilizacións Servizos Míinimos: unha vez máis abusivos e inasumibles
 
 

Servizos Míinimos: unha vez máis abusivos e inasumibles

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publícanse hoxe en DOG o decreto e a orde de Servizos Mínimos para a folga do 29 de marzo e, unha vez máis, son abusivos e inasumibles, posto que supoñen, nalgún caso, máis do 100%. Con estes servizos mínimos non se pretende garantir a asistencia sanitaria, senón coartar a liberdade de folga dos/das traballadores/as.

En moitos servizos figura máis persoal do que é habitual en fins de semana e nalgún caso máis que o que figura habitualmente en días laborais non festivos. Entendemos que cos efectivos mínimos dun día festivo ou dun domingo a asistencia sanitaria estaría garantida, se o SERGAS entende que durante unha folga para garantir a asistencia sanitaria fan falta máis efectivos que un domingo, temos un grave problema na asistencia sanitaria habitual neses días e igual fan falta máis efectivos.

Rexeitamos, xa que logo, esta orde de servizos mínimos, que podedes ver aqui:

* Servizos Mínimos Función Pública:

  • DECRETO 93/2012, do 22 de marzo, polo que se ditan normas para garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para o día 29 de marzo de 2012. Descargar PDF

* Servizos Mínimos SERGAS:

  • ORDE do 22 de marzo de 2012 pola que se determinan os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para o día 29 de marzo de 2012. Descargar PDF

  

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto