Noticias Persoal Contratacións Publicada convocatoria de inscrición de listas de contratación para varias categorías.
 
 

Publicada convocatoria de inscrición de listas de contratación para varias categorías.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publicadas en DOG dúas resolucións que abren prazos para a inscrición en listas de contratación das categorías de DUE, DUE do 061, Matrona, Logopeda, Psicólogo/a Clínico/a, Traballador/a Social, e Técnico Medio e Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais. Pódense ver aquí:

  • RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se abre o prazo para a inscrición de aspirantes de diversas categorías sanitarias e de xestión e servizos para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade. Descargar PDF 
  • RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se abre o prazo para a inscrición de aspirantes de diversas categorías sanitarias de Enfermaría para vinculacións temporais no ámbito das institución sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade. Descargar PDF

As persoas interesadas en formar parte destas listas deberán inscribirse nos modelos formalizados de instancia e a través do currículo profesional habilitado electronicamente na páxina web do organismo www.sergas.es, no punto FIDES/expedient-e, imprimir o formulario en papel e formalizar o rexistro administrativo.

Para a primeira xeración de listas, poderanse formalizar as solicitudes desde o 27 de marzo ata o 26 de abril de 2012. Os méritos computables serán os causados ata o 11 de abril de 2012.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto