Noticias Persoal Contratacións Información da Comisión de Seguimento do Pacto do 26 de marzo de 2012
 
 

Información da Comisión de Seguimento do Pacto do 26 de marzo de 2012

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
  • Convocatorias de inscrición.

A Administración infórmanos de que hoxe sae en DOG o 3º proceso de inscrición.

Sobre as listas de Técnicos comentan que xa están case listas para publicar, pero que as está a atrasar a catalogación de titulacións.

Sobre PSX, Celador/a e Aux. Admtvo indican que se están a resolver as incidencias que houbo e contan que en Abril poderán publicarse as listas provisionais. Preguntamos se seguen mantendo a súa proposta de baremar só os primeiros tramos de lista e comentan que descartan facelo con estas categorías pero que igual teñen que aplicalo a Enfermaría, dependendo do volume de inscrición.

As listas de DUE non van estar en pleno funcionamento para o verán, por iso pensan na posibilidade de baremar por tramos e ir sacando os primeiros tramos en caso de indispoñibilidade. Agardemos a que chegue a proposta formal, se é que chega, mais séguenos parecendo unha proposta totalmente inasumible.

A catalogación da experiencia profesional estase facendo en Servizos Centrais.

Despois da convocatoria de hoxe irán TCAE, Médicos de Familia e o resto de categorías, inda non decidiron se xa nunha soa tanda ou en dúas, dependerá do volume de inscricións e de cómo vaian vendo a validación de enfermaría, posto que comentan que a catalogación de titulacións, investigación e publicacións é a que máis ralentiza as validacións pola súa complexidade.

Listas de área especial de Saúde Mental: preguntamos cómo se van facer os chamamentos que xurdan de enfermaría en saúde mental entre a publicación das listas de enfermaría e as de especialista en saúde mental, posto que as listas de área especial de saúde mental deixarán de existir. En principio comentan que deberíamos acordar en mesa que esas listas especiais se manteñan en vigor ata a publicación das listas da especialidade de saúde mental, pero ante o debate que se dá por non ter catalogado nin reclasificado as prazas de saúde mental como especialistas, a Administración comenta que se abordará a cuestión nunha seguinte reunión e traerán un criterio ao respecto para ser valorado.

Preguntamos tamén polo tempo de permanencia no Pool, quén debe certificar ese tempo. Respostan que serán os centros os que o fagan. Sobre a puntuación de Pool, solicitamos aclaración sobre as listas de curta duración de primaria e se se vai puntuar o tempo de permanencia nesas listas do anterior Pacto, e a resposta que se dá é que si, que deben ser contemplados porque dalgún xeito esas listas confluíron nas actuais listas de Pool.

  • Exclusións.

Preguntamos polo criterio que se segue á hora de excluír das listas a algún/ha aspirante, posto que hai casos de persoas que foron excluídas no seu día das listas dunha categoría e agora cando pretenden apuntarse para as listas doutra categoría distinta rexéitaselle en función da exclusión anterior. Entendemos que se se exclúe dunha lista unha persoa por non ter a aptitude nas tarefas desa categoría, iso non impide que poida ter a aptitude para as tarefas doutra categoría. Outra cuestión, que debería valorarse, é cando a exclusión é por causa dunha falta grave ou moi grave. En todo caso acórdase que en cada exclusión de listas que se decida na Mesa Central se faga constar se se exclúe para todas ou só para a categoría concreta, en función do motivo que orixine a exclusión. Revisarán os casos que lles enviaremos que xa foron rexeitados pola exclusión anterior.

  • Formación Práctica Específica.

Expoñemos as nosas alegacións sobre os borradores enviados. Punto por punto recóllense as cuestións que expoñemos:

  • Criterios de acceso. Será por orde de lista. As persoas que xa cumpran o criterio para acceder ás listas de área especial (formación ou experiencia) non se incluirán como aspirantes á formación práctica específica. Só as persoas que non tiveran cumprido eses criterios.
  • Haberá un sistema de penalización similar ao da FEGAS para as persoas que estando admitidas para esta formación renuncien sen xustificación á mesma, impedindo que outra persoa acceda á formación. As persoas que xustifiquen un chamamento non serán penalizadas e poderán acceder á formación noutra edición.
  • Especificarase quén é o/a responsable da formación. Facemos moito fincapé en que as persoas que acceden a esta formación non deben ser utilizadas como “man de obra barata” nin para “substituir” ausencias.
  • O SERGAS asumirá o custe do seguro de responsabilidade das categorías que por non ter colexiación obrigatoria non o teñen.
  • Recóllense as alegacións concretas sobre a folla de avaliación, así como a nosa posición de que a avaliación non debe ser subxectiva por parte da supervisora ou mando intermedio, senón que debe conter criterios obxectivos de avaliación.
  • En caso de que non se supere a formación por non superar algún dos items que se valoran, ofertarase alongar as prácticas para poder acadar a habilidade e aptitude suficiente para superalas.
  • Fálase tamén de que, posto que é o persoal asistencial que traballa nas unidades o que vai facer a docencia, e non as supervisoras, haxa un recoñecemento a esta dedicación docente e sexa recollido nun documento que poida ter efectos para a futura (?) Carreira Profesional.
  • Varios. Fóra de orde do día falamos de: Decreto de Técnicos en Dietética (o Decreto de Técnicos en Documentación Sanitaria xa saiu en 2011): preguntamos pola renovación dos concertos coas empresas que dan o servizo de dietética e o engano que supón para as persoas aspirantes que nunca van poder acceder a un posto de traballo nesas áreas. Respóndesenos que o decreto non sairá publicado en DOG posto que Facenda non o autoriza (“supoñen un incremento retributivo”, en palabras da subdirectora). A Administración fala de que deberemos abordar e tomar a determinación na Mesa de se convocar ou non estas listas nalgunhas áreas onde non se necesitan. Manifestamos o noso enfado e rexeitamos esta medida, así como o engano que supón para o persoal.
 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto