Noticias Sanidade Pública Outras novas Posición da CIG Saúde ao respecto do Plan Funcional do 061
 
 

Posición da CIG Saúde ao respecto do Plan Funcional do 061

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CIG-SAÚDE NON ASINA O PLANO FUNCIONAL DO 061 E ESIXE AO SERGAS QUE RESPOSTE AS NOSAS RECLAMACIÓNS

 

O plano funcional debe ser entendido como unha ferramenta de xestión que poña en equilibrio os intereses da empresa e os dereitos laborais das traballadoras/es, nunca pode ser entendido como unha ferramenta onde a Dirección da empresa manteña arbitrariedades, facendo interpretacións da norma que non sabemos a quen benefician, pero que a longo prazo será prexudicial para todas/os.

 

E que di o SERGAS de todo isto. xornada, gardas..., onde está o control, a austeridade, non mais despilfarro..... Entende que esta é a boa xestión?.

 

 

 

NON AO PLAN FUNCIONAL DO 061

 

A CIG-SAÚDE non asinou o plano funcional coa anterior dirección por conter nel aspectos que considerabamos negativos. Non imos agora a asinar unha mala copia do plano que presentaba a anterior Directora.

 

  • Solicitamos reiteradamente que o plano funcional debería conter as presenzas mínimas en cada quenda, como garantía do mantemento dos postos de traballo.Como van a xustificar as necesidades de manter un nº de traballadoras/es se non son capaces de especificar cantas/os necesitan por quenda.

  • A retribución polas funcións específicas esta ligada ao cumprimento das mesmas. Como vai a Dirección a xustificar o pago deste CPV se non é capaz de presentar os obxectivos de cada posto de traballo. Os obxectivos deben ser públicos e de coñecemento de todas/os as/os traballadoras/es. Previo coñecemento e aceptación do comité de empresa. Nunca poden ser pactos individuais.

  • Por que se exclúe ao persoal de enfermaría da retribución por funcións específicas . Non hai obxectivos de empresa, non Forman parte do cadro de persoal da central de coordinación, non traballan?.

  • Para un colectivo gardas de ámbito de toda Galiza, esperamos non teñan afán colonizador. Pódese desprazar a un traballador de Mos á Ferrol ou Burela, usando ó seu vehículo. Que pasa coas gardas dos outros colectivos?. Isto só demostra unha xestión de compracencia.

  • A formación interna debería ser un elemento motivador para o persoal do 061, curiosamente a Dirección restrinxe os permiso para participar nela. Si a formación é necesaria pola especificidade do posto ¿ por qué hai que face-la no tempo libre?

  • Por qué non están claramente recollidos os criterios de acceso a formación interna: destinatarios preferentes. Isto pode ter o risco de converterse nun premio para os bos.

  • Que pasa coas contratacións, até cando se van manter os acumulo de tarefas de xeito irregular. Por que non se consolidan as prazas?

  • ¿ qué pasa cos nomeamentos? ¿ Cándo se van convocar polo Decreto 206 TODAS as xefaturas?

 

CIG-SAÚDE rexeita este plano por ter mais inconcrecións que norma . Recomendámoslle á Dirección do 061 que bote un vistazo ao planos funcionais dos servizos de urxencias, sempre poderá aprender algo. E ao SERGAS que os criterios de boa xestión sexan para todas/os.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto