Noticias Outras novas Mobilizacións Valoración inicial da Folga Xeral na Sanidade
 
 

Valoración inicial da Folga Xeral na Sanidade

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CIG-SAÚDE congratúlase da participación maioritaria das/os traballadoras/es da Sanidade na folga xeral convocada pola CIG (á que posteriormente se sumaron CCOO e UGT). Segundo os datos facilitados polo Presidente da Xunta a participación no eido sanitario superou o 100% de participación.  Se o decreto de servizos mínimos  imposto pola Xunta de Galiza decretaba en sanidade una servizos mínimos do 90 ou 100%, e a isto sumamos os datos oficiais do 26% de participación, a folga foi secundada por máis do 100% das traballadoras/es.

A mensaxe que se lle quixo transmitir ao goberno do PP,  desde o sector da sanidade foi que as/os traballadoras/es rexeitan a reforma laboral imposta por este goberno, e que esixen a súa retirada por ser o maior atentado contra a clase traballadora, que non vai crear emprego e que só vai servir para beneficiar a aqueles que crearon a crise co obxectivo de beneficiarse dela.

Asemade rexeitan a Lei de Medidas no Emprego Público dirixida a eliminar a sanidade pública facilitando a súa privatización e impoñendo un imposto á enfermidade.

Desde a CIG-SAÚDE queremos facer un chamamento ao goberno do PP para que escoite ao pobo que di representar, ao mesmo tempo que queremos facer unha chamada de atención aos sindicatos corporativos para que non lle sigan a facer o xogo a Administración, posto que tamén son traballadoras/es que van sufrir a perda de dereitos e como profesionais non van poder garantir unha prestación de calidade.

Mani118.grande

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto