Noticias Persoal OPE OPE e Traslados
 
 

OPE e Traslados

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Na Mesa Sectorial celebrada o día 3 de abril falouse do Concurso de Traslados e do Decreto de Oferta Pública de Emprego de FEAS e de médicas/os de urxencias hospitalarias.

O Concurso de Traslados de persoal facultativo de atención especializada, sairá publicado no mes de abril, e nel ofertaránse un total de 220 prazas. Quedaron en enviar o cadro definitivo de prazas.

O Decreto de Oferta Pública concentra o 10% das prazas vacantes de tódalas categorías, que marca a lei como taxa de reposición, nas categorías de Facultativo Especialista de Área e de Médicas/os de Urxencias Hospitalarias, ofertando 164 prazas de FEAS e 12 de MUH. As prazas concretas de FEAS, por especialidade e centro, serán publicadas unha vez resolto o concurso de traslados e en función das vacantes resultantes.

Desde a CIG-SAÚDE solicitamos unha convocatoria de OPE e traslados para todas as categorías co 100% das prazasRexeitamos a taxa de reposición pois afecta negativamente  ao sistema sanitario e ás/aos seus profesionais:

• Elimina postos de traballo do sistema sanitario público.
• Cómo non se convocan todas as prazas, o persoal vai ver frustrado o seu dereito á estabilidade no emprego.
• Vulnérase o dereito a se poder trasladar dentro do sistema sanitario. No concurso de traslados non se convocarán todas as especialidades, nin se convocarán prazas en todos os centros. Isto tamén sucederá na OPE.
• Como a taxa de reposición tamén afecta ás interinidades, o persoal que resulte cesado por mor deste proceso pasará a englobar a listaxe de persoal contratado en precario do SERGAS.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto