Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria CIG-SAÚDE solicita da Consellaría a convocatoria da Mesa Sectorial, o Consello Galego de Saúde e o Consello Asesor de Pacientes, ante o anuncio de graves recortes na sanidade feito polo goberno de Rajoy
 
 

CIG-SAÚDE solicita da Consellaría a convocatoria da Mesa Sectorial, o Consello Galego de Saúde e o Consello Asesor de Pacientes, ante o anuncio de graves recortes na sanidade feito polo goberno de Rajoy

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Desde CIG-Saúde vimos de remitir cadanseu escrito á Conselleira de Sanidade, á Xerenta do SERGAS e á Directora de Recursos Humanos do SERGAS solicitando, respectivamente, a convocatoria urxente de reunións do Consello Galego de Saúde, o Consello Asesor de Pacientes e a Mesa Sectorial de Sanidade, para que nestes organismos se proceda a explicar qué información se tén sobre os gravísimos recortes que ven de anunciar o goberno de Rajoy para a Sanidade (lembremos que se fala de 7.000 millóns de euros) e qué medidas pensa tomar a administración galega ao respecto.

Estes son os escritos remitidos:

* Escrito á Conselleira de Sanidade solicitando a convocatoria do Consello Galego de Saúde .

* Escrito á Xerenta do SERGAS solicitando a convocatoria do Consello Asesor do Paciente .

* Escrito á Directora de Recursos Humanos do SERGAS solicitando a convocatoria da Mesa Sectorial .

Desde CIG-Saúde entendemos que o goberno da Xunta debe explicar qué vai facer ante este anuncio de recortes, tendo como ten as competencias de sanidade totalmente transferidas, para poñer freo ás intencións do goberno do PP en Madrid. Debe explicar tamén cómo van afectar estas medidas ao servizo sanitario público en Galiza, cómo van afectar ás/aos usuarias/os estes recortes e como van afectar ao persoal que presta este servizo. Debe explicar qué é o que se decide no Consello Interterritorial de Saúde, cando as competencias en sanidade son do goberno da Xunta e non de ningún outro organismo.

Ficamos á espera da resposta a estes escritos. Resposta que só pode ser a convocatoria destes organismos e unha completa información do que se pretende facer coa sanidade.

A nova en Avantar.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto