Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria CIG-Saúde solicita do Goberno da Xunta que cambie de discurso e deixe de transferir os imperativos dos mercados aos orzamentos da Xunta de Galiza sen ningunha lexitimación democrática
 
 

CIG-Saúde solicita do Goberno da Xunta que cambie de discurso e deixe de transferir os imperativos dos mercados aos orzamentos da Xunta de Galiza sen ningunha lexitimación democrática

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

A idea “NON HAI ALTERNATIVA”  é un insulto a intelixencia humana.  Con esta actitude parece que a preocupación máxima das/os nosas/os representantes do goberno, e o único que lles preocupa, é facer méritos diante dos mercados e das grandes multinacionais; non estarán pensando nun retiro opulento nunha delas?

CIG-SAÚDE esixe ao goberno da Xunta que rexeite de plano o recorte orzamentario que o goberno do estado pretende impor na sanidade pública, e manteña unha defensa do sistema sanitario público na reunión do Consello Interterritorial que se vai celebrar o día 18 de abril 2012. Non se pode prestar asistencia pública de calidade e universal sen recursos económicos.

Non podemos esquecer que o recorte acometido no orzamento do SERGAS no período 2009-2012 (período de lexislatura do actual goberno do PP) ascende a 233 millóns de €, o que na actualidade está a complicar que se poida prestar unha sanidade pública de calidade. Se a este recorte hai que sumarlle outro de máis de 450 millóns de €, isto suporía o finamento do noso sistema sanitario.

Basta xa de enganar á xente, estes recortes só teñen unha finalidade  “a privatización do sistema sanitario público” eliminando por completo a equidade na prestación (que todos/as sexamos iguais á hora de acceder a ela), implantando un imposto á enfermidade, facendo que  pague máis quen máis enfermo/a estea, obrigando a que a partires destes orzamentos a xente para recibir asistencia sanitaria teña que recorrer a un sistema de beneficencia. Non lles parece suficiente con que haxa persoas que teñan que recorrer ás ONGs en busca de alimentos para poder ter algo que comer. 

Sen facerlles caso en exclusiva aos mercados, sen que a prioridade das/os gobernantes sexa a xubilación dourada nunha multinacional, outras medidas de xestión son posibles, baseadas no uso racional dos recursos. Poñendo á fronte das direccións a persoas cualificadas no que o único mérito non sexa a súa vinculación ao ciclo político.

A intención do goberno de eliminar o estado do benestar sérvelle como xustificación para unha obediencia cega aos intereses externos.  

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto