Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria CIG-Saúde rexeita o borrador de decreto sobre as Áreas de Xestión Clínica elaborado polo SERGAS
 
 

CIG-Saúde rexeita o borrador de decreto sobre as Áreas de Xestión Clínica elaborado polo SERGAS

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CIG-Saúde considera inaceptábel, na súa redacción actual, o texto presentado polo SERGAS, a pesar de ter, de partida, unha posición favorábel á “Xestión Clínica” entendida como un cambio de estrutura cara unha maior participación e implicación dos profesionais na xestión.

Malia que CIG-Saúde considera positivos os principios que inspiran á denominada “Xestión Clínica”: a procura da implicación dos profesionais na xestión dos recursos utilizados na práctica clínica, a xestión por procesos, o obxectivo de minimizar a variabilidade inxustificada na práctica clínica, a preocupación pola eficacia a efectividade e a eficiencia, a procura da boa coordinación entre niveis asistenciais, a introdución da cultura da avaliación de resultados como instrumento para a mellora da calidade asistencial ... o texto presentado pola administración para a creación das Áreas de Xestión Clínica no SERGAS, está tan cheo de ambigüidades e de aspectos claramente negativos, que nos resulta inaceptábel.

Esas ambigüidades son especialmente rechamantes nos aspectos que, loxicamente, mais nos preocupan como sindicato: nos relativos aos cambios que o Decreto pode introducir na xestión dos Recursos Humanos, dos Recursos Económicos e nos Sistemas de avaliación.

O documento define un modelo de xestión clínica no que non se garante a transversalidade, non se fomenta o traballo en equipo, non establecen mecanismos que garantan a participación do conxunto das e dos profesionais na toma de decisións; e ademais, permite que se fragmenten os procesos de selección e provisión do persoal, dificultando as garantías de igualdade, mérito e capacidade.

CIG-saúde non pode aceptar este borrador por:

-          Falta de participación dos profesionais: Fai xirar todo o proxecto da Área de Xestión Clínica arredor da figura dunha única persoa, a que se fai responsable da Unidade, trasladando o sistema actual de xerarquía do xefe de servizo, autocrático e nada participativo ás novas Áreas de Xestión Clínica. Este modelo (actual) de xestión provoca ineficiencias no Sistema, derivadas da orientación en moitos casos dos servizos sanitarios en función dos intereses das Xefaturas máis que en función dos intereses do Sistema, e facilita abusos laborais e o nepotismo.

-          Probable alteración do sistema de mobilidade e selección do persoal.

-          Indefinición dos niveis de autoxestión.

-          Indefinición dos incentivos e dos procedementos de avaliación.

* Descarga e difunde !

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto