Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria CIG-Saúde rexeita o copago que o goberno pretende aprobar hoxe no Consello Interterritorial e esixe do Goberno da Xunta que faga valer as súas competencias en sanidade.
 
 

CIG-Saúde rexeita o copago que o goberno pretende aprobar hoxe no Consello Interterritorial e esixe do Goberno da Xunta que faga valer as súas competencias en sanidade.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Esta mañá estamos escoitando e lendo en diversos medios de comunicación algún avance sobre as medidas que se van valorar (e previsiblemente aprobar) na reunión do Consello Interterritorial de Saúde que está tendo lugar. Algunha desas medidas incluirían o aumento da porcentaxe de pago por prestación farmacéutica para persoas en activo dun 40% a un 50% e mesmo a introdución dunha porcentaxe de pago dun 10% ou incluso un 20% para pensionistas.

Desde CIG-Saúde como primeira valoración e sen coñecer o alcance concreto das decisións que hoxe se tomen, vemos con moitísima preocupación estes anuncios posto que estas medidas constituirían un dos ataques sociais máis graves dos que un goberno do Estado teña feito, afectando dun xeito alarmante aos sectores da poboación máis desprotexidos, como é o caso dos pensionistas. Non debemos esquecer que o seu poder adquisitivo é moi baixo e que son o sector poboacional que máis medicamentos consume, ao ser precisamente as persoas máis afectadas por enfermidades crónicas e pluripatoloxías, constituindo o seu consumo un 85% do gasto farmacéutico.

O goberno do Estado pretende agora “aforrar” 7.000 millóns de euros a costa de meter a man nos xa de por si pobres petos da poboación, nomeadamente dos pensionistas, e roubarlles 3.700 millóns de euros, sen entrar a valorar outras medidas que realmente si que suporían un aforro e non a costa daqueles sectores máis desfavorecidos.

Debemos lembrar que a prestación sanitaria e a prestación farmacéutica xa a pagamos todos e todas cos nosos impostos e que o que o goberno debería facer é modificar precisamente a carga impositiva para facer que os e as que máis teñen paguen máis, e non facer re-pagar 3.700 millóns de euros, para conseguir ese “aforro”, aos enfermos crónicos e pensionistas, implantando un verdadeiro IMPOSTO Á ENFERMIDADE, que é o que son as medidas que se veñen anunciando.

Desde CIG-Saúde solicitamos do goberno da Xunta que faga valer na reunión do Consello Interterritorial as súas competencias en sanidade rexeitando estas medidas, porque non debemos esquecer que as competencias nesta materia están totalmente transferidas e o que se pretende hoxe no Consello Interterritorial é furtar esas competencias do goberno galego que é quen realmente as tén, centralizando decisións tan graves como estas, que nos afectan directamente a nós como galegos e galegas e ao noso sistema de saúde.

A executiva de CIG-Saúde reunirase mañá para estudar polo miúdo os resultados da reunión de hoxe e emitirá a oportuna valoración ao respecto.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto