Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria CIG-Saúde rexeita a actitude de submisión da Administración ante a publicación do Decreto de recortes en sanidade
 
 

CIG-Saúde rexeita a actitude de submisión da Administración ante a publicación do Decreto de recortes en sanidade

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Ante a publicación hoxe no BOE do Real Decreto Lei de RECORTES EN SANIDADE, desde CIG-Saúde vimos de remitir este escrito á Directora de Recursos Humanos do SERGAS e á Conselleira de Sanidade:

Rocío Mosquera

Conselleira de Sanidade

Hoxe publícase no Boletín Oficial do Estado o Real Decreto Lei de medidas urxentes en materia de sanidade, e vemos como desde o goberno de Madrid se impoñen unha serie de medidas sobre materias que son competencia exclusiva da Xunta de Galiza.

Vimos ademais de recibir, vía correo electrónico, unha comunicación desta Directora de Recursos Humanos na que se nos indica: “xa estamos analizando as citadas medidas no seu conxunto e, dun xeito específico, as que teñen repercusión na área de recursos humanos e sexan susceptibles de tratamento na mesa sectorial”, o cal nos indica que na Consellaría de Sanidade, ou cando menos no seu departamento de Recursos Humanos, nin sequera se tiña coñecemento das medidas que se ditan desde Madrid unilateralmente e invadindo competencias desta Administración, e que se aceptan e se acatan sen oposición de ningún tipo.

Desde CIG-Saúde preguntámonos como é que esta Administración consinte, sen dicir nada ao respecto, que se diten unilateralmente normas que afectan drasticamente a materias sobre as que o Goberno Galego ten competencia exclusiva. Non entendemos que se adopte unha postura de submisión absoluta aos ditados do goberno central e se faga DEIXADEZ DE FUNCIÓNS no que respecta ás competencias que en Sanidade ten a Xunta de Galiza. Non toleramos que se acepte de bo grado esta invasión de competencias e se actúe como unha ADMINISTRACIÓN MARIONETA en mans do goberno central.

Esiximos desta Administración que se adopte unha postura de rexeitamento e oposición frontal ante a invasión de competencias que se fai desde o goberno central e que supón un ataque ás máis mínimas bases da autonomía emanada do Estatuto de Autonomía de Galiza.

Compostela, 24 de abril de 2012.

Asdo: María Xosé Abuín Álvarez.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto