Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria CIG-SAÚDE rexeita o real decreto-lei 16/2012 de 20 de abril, de recortes na sanidade, porque elimina a sanidade pública e recorta dereitos laborais.
 
 

CIG-SAÚDE rexeita o real decreto-lei 16/2012 de 20 de abril, de recortes na sanidade, porque elimina a sanidade pública e recorta dereitos laborais.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

CIG-SAÚDE REXEITA A INTEGRACIÓN POR DECRETO DO PERSOAL FUNCIONARIO TRANSFERIDO DAS CORPORACIÓNS LOCAIS.


CIG-SAÚDE defenderá na Mesa Sectorial que a Admón. deixe sen efecto a disposición adicional decimosexta por ser inaplicable no sistema sanitario público galego.


→ Segundo o Real Decreto, a Admón. galega, é dicir, a Consellaría de Sanidade, está obrigada a ADSCRIBIR a este persoal, se non opta por estatutarizarse antes do 31 de decembro, a outros organismos que non pertenzan á Admón. Sanitaria.


Desde CIG-SAÚDE preguntámonos :


Ø Qué Admón. pública vai absorber aos cerca de 1000 funcionarios/as dependentes da Consellaría de Sanidade que prestan servizos no eido hospitalario?


Ø Como vai a seguir prestando o SERGAS a asistencia sanitaria sen este persoal, cando non o vai poder repor por que está suxeita a taxa de reposición do 10%?


Unha vez máis denunciamos que estas barbaridades acontecen por facer Decretos desde un despacho de Madrid, invadindo competencias das mesas sectoriais das CCAA, con un descoñecemento da realidade asistencial e da normativa vixente nas CCAA.


Estas non son nin medidas de aforro, nin medidas de organización, planificación ou xestión eficaz dos RRHH. Estas son POLÍTICAS CHAPUZA REALIZADAS POR INCOMPETENTES.


CIG-SAÚDE seguirá a defender a Mesa Sectorial do SERGAS como único órgano lexitimado para negociar as condicións laborais das/os súas/seus traballadoras/es.


INTEGRACIÓNS VOLUNTARIAS NAS MESMAS CONDICIÓNS QUE O PERSOAL ESTATUTARIO.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto