Noticias Persoal Contratacións Información Comisión Central Seguimento do Pacto
 
 

Información Comisión Central Seguimento do Pacto

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

INFORMACIÓN DA REUNIÓN DA COMISIÓN DE SEGUIMENTO DO PACTO DE CONTRATACIÓNS DO 9 DE MAIO DE 2012.


1. Previsión de publicación da baremación provisional e número de orde nas listas de técnicos superiores sanitarios e listas de admitidos e excluídos. Infórmannos de que o día 15/05/2012 publicarase no DOG e poderase ver na web as listas provisionais coa baremación dos técnicos superiores sanitarios. Abrirase un prazo de 10 días naturais para reclamacións. Na páxina web do Sergas figurará un listado coas puntuacións de todos os aspirantes cunha puntuación desglosada por bloques. Cada aspirante a través do Expedient-e poderá ver con detalle toda a súa baremación. No apartado de Procesos do Expedient-e o aspirante poderá acceder á baremación correspondente. En Resultados verá a súa baremación total, o seu nº de orde na lista xeral, o nº de orde nas sublistas (xornada reducida, áreas especiais...), e en cada apartado do baremo pode ver todos os méritos baremados. Dáse a opción de ver a detalle toda a baremación, onde se indicarán tamén os méritos que non puntúan. Os/as aspirantes de Promoción Profesional no apartado de baremación da OPE terán un axuste na nota posto que se pondera a puntuación sobre 60 puntos (na nota OPE estaba sobre 55 puntos). Exemplo: A nota de Galego en lugar de ser 5 puntos son 5,455 puntos.
Previsións de outras categorías: Antes do verán pretenden abrir as inscricións de médicos de familia, pediatras de atención primaria e médicos de urxencias hospitalarias. Con posterioridade (xa despois do verán) irían as/os TCAE e para o final pretenden deixar as categorías de oficios. Dende CIG-Saúde solicitamos que previamente se nos aporte un informe sobre a contratación nos últimos anos nas categorías de oficios para evitar falsas expectativas aos/as aspirantes.

2. Número de titulares e suplentes nas listas de curta duración de celadores.
Apórtannos un cadro coa proposta feita polas Xerencias de titulares e suplentes para as listas de curta duración da categoría de celador.


3. Acordo sobre Instruccións de listas de curta duración. Dende CIG-Saúde solicitamos que se aclarase que os titulares que nun mes acaden os 12 días poderán acceder aos contratos da lista xeral que lles correspondan que sexan superiores a 3 meses, tal e como indica o Pacto. Acéptase revisar o texto clarificando este punto e remitirannos o documento definitivo previamente a que se remita a DOG para a súa publicación.


4. Proposta de criterios xerais sobre formación práctica específica para o acceso ás áreas especiais. Dende CIG-Saúde solicitamos que a aqueles/as aspirantes que abandonen a formación práctica sen xustificación impedindo que outra persoa poida  acceder a ela, non se lles permita repetir dita formación. Quedaron en valorar esta posibilidade. Aclárase tamén, que cando un aspirante interrompa a formación por ser chamado para un vínculo temporal, poderá continuar co programa formativo se este non rematou, complementando as datas da ausencia; ou se o programa formativo rematou poderá volver a repetilo cando se volva a impartir. No referente á convalidación doutra formación aclarouse que cada caso será tratado individualmente na Comisión Central.
Dende CIG-Saúde solicitamos que no punto 6.3 de Acceso á formación práctica específica do persoal fixo só sexa de aplicación para o persoal de promoción profesional. Estas bases son só para pacto de contratacións, se a Admón. ten interese en formar ao persoal fixo deberá presentar unha proposta en Mesa Sectorial pero fóra do ámbito do Pacto de contratacións. A nosa solicitude foi apoiada polo resto de OOSS e quedaron en darlle traslado desta petición á Directora para a súa valoración.
Solicitamos que na área especial de prematuros/neonatos as prácticas tivesen a mesma duración que as de UCI/Reanimación de adultos. Quedaron en valoralo.


5. Varios.
Dende CIG-Saúde solicitamos que se aclare aos aspirantes que presentan certificados en linguas cooficiais do Estado se estes teñen que vir traducidos. Acórdase incorporar en preguntas frecuentes un apartado aclaratorio sobre este tema. Para aqueles aspirantes que presentaron certificados en linguas cooficiais do Estado distintas do galego e o castelán, poderán aportar o certificado traducido no prazo de reclamacións. Por último, aclárasenos que o tempo traballado en urxencias extrahospitalarias e 061 non son computables para a área especial de urxencias hospitalarias.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto