Noticias Persoal Contratacións Listas de Contratacións: Publicada baremación provisional das categorías de Técnicos
 
 

Listas de Contratacións: Publicada baremación provisional das categorías de Técnicos

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publícanse hoxe en DOG as listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as e a puntuación provisional das categorías de Técnicos (1º proceso de inscrición).

Podedes consultalas aquí:

  • RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se publican as listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as e se procede a publicar os resultados provisionais de baremación dos/as aspirantes admitidos/as co seu número de orde, con respecto á convocatoria de inscrición de aspirantes para vinculacións temporais en diversas categorías sanitarias de formación profesional no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade. Descargar PDF

O SERGAS remite esta información ao respecto:

Como xa vos adiantamos na comisión central, no DOG publicarase a Resolución pola que se da publicidade ás listas definitivas de admitidos e excluídos e tamén as listas provisionais con puntuación e número de orde.

As listas definitivas de admitidos se publican coa puntuación asociada e as listas de excluídos se publican sen puntuación, figurando no expedente a causa de exclusión.

As listas completas estarán dispoñibles no espazo de emprego público da web do SERGAS, en listas de contratación, así como no mesmo espazo en Recursos Humanos da intranet.

Así tamén, os/as aspirantes admitidos poderán consultar no seu expedient-e  a súa puntuación con mais detalle, dentro do apartado de procesos.

As listas abren a posibilidade de reclamación de 10 días naturais sobre a baremación realizada. Remitimos un modelo de reclamación .


 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto