Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria O talante do PP: solidariedade cos bancos, machacando coma sempre nos máis débiles.
 
 

O talante do PP: solidariedade cos bancos, machacando coma sempre nos máis débiles.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O portavoz do PP na Comisión de Asuntos Exteriores do Congreso, José María Beneyto, afirmou recentemente que o eventual rescate financieiro do Estado Español non é algo que haxa que descartar, que non se pode excluir a posibilidade de que España sexa intervida para financiar a banca. E como solución para pagar o incremento de débeda pública que orixinaría este rescate, este portavoz do PP apunta medidas coma a baixada dos salarios das/dos empregadas/os públicas/os, a baixada das pensións ou a revisión do Estado autonómico.

Unha vez máis vese o talante democrático e solidario do PP, para darlles máis cartos aos bancos quitanlles salario aos/ás empregados/as públicos, baixanlles as pensións aos/ás xubilados/as e centralizan o poder en Madrid para poder seguir tomando medidas tan solidarias como estas. Os beneficios da banca son para os/as amigos/as do PP. As perdas, socialízanse entre os/as traballadores/as públicos e os/as pensionistas.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto