Noticias Persoal Contratacións Información listas de contratación
 
 

Información listas de contratación

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Información recibida do SERGAS sobre listas de contratación:

O día 14 de Xuño publicaranse as listas definitivas de admitidos/excluídos de auxiliares administrativos, persoal de servizos xerais e celadores. Así tamén a baremación coa puntuación e número de orde provisional. Tamén se publican o número de titulares e suplentes de listas de curta duración de celadores. As listas estarán publicadas na web do SERGAS e na intranet.

Remitiremos modelos de reclamación por si fora de utilidade para formalizar as posibles reclamacións contra a puntuación obtida. Ter en conta que o prazo é de 10 días naturais  a contar dende o día 14 de Xuño.

Así tamén o mesmo día 14 de Xuño, publicarase a Cuarta convocatoria de listas para as categorías seguintes. O prazo de solicitude abrirase o día 15 de Xuño a través do formulario do apartado de procesos no expedient-e.

  ·Persoal Médico de familia

 ·Persoal Médico de urxencias hospitalarias

 ·Pediatra de Atención Primaria

 ·Médico/a coordinador/a do 061

 ·Médico/a asistencial do 061

 ·Médico/a Especialista en medicina do traballo

Para a primeira xeración de listas, poderanse formalizar as solicitudes dende o día 15 de xuño ata o 14 de xullo de 2012. Os méritos computables serán os causados ata o 30 de xuño de 2012 e acreditados dentro das datas anteriormente citadas.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto