Noticias Persoal Contratacións Publicadas resolucións sobre listas de contratación
 
 

Publicadas resolucións sobre listas de contratación

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publícanse hoxe no DOG dúas resolucións relativas a listas de contratacións:

A primeira publica as listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as, xunto coa baremación provisoria, das categorías do 3º proceso (Aux. Administrativo, PSX, Celador/a)

  • RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se publican as listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as e se procede a publicar os resultados provisionais de baremación dos/das aspirantes admitidos/as co seu número de orde, con respecto á convocatoria de inscrición de aspirantes para vinculacións temporais en diversas categorías de xestión e servizos no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade. Descargar PDF

Con esta publicación enténdese estimadas ou desestimadas as reclamacións presentadas sobre as situacións de exclusión das listas, e contra esta resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ou ben, previamente a este, recurso de resposición ante Recursos Humanos no prazo dun mes. Sobre as puntuacións provisorias, disponse do prazo de dez días naturais a contar a partir de mañá para realizar reclamacións.

A segunda resolución abre o prazo de inscrición do 4º proceso, para as categorías de:

1. Persoal médico de familia.
2. Persoal médico de urxencias hospitalarias.
3. Pediatra de Atención Primaria.
4. Médico/a coordinador/a do 061.
5. Médico/a asistencial do 061.
6. Médico/a especialista en medicina do traballo.

  • RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se abre o prazo para a inscrición de aspirantes de diversas categorías sanitarias para vinculacións temporais no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade. Descargar PDF 

Para esta primeira xeración de listaxes, poderanse formalizar as solicitudes desde o día 15 de xuño ata o 14 de xullo de 2012. Os méritos computables serán os causados ata o 30 de xuño de 2012 e acreditados dentro das datas anteriormente citadas. As listas xeraranse coas persoas inscritas ata o 14 de xullo de 2012. Os méritos que serán tidos en conta nesta primeira xeración de listaxes serán os causados ata o día 30 de xuño de 2012 coa puntuación e número de orde que resulte da aplicación dos baremos.

_____________________________________________________________________________

AVISO IMPORTANTE:

Recibimos do SERGAS este aviso sobre as baremacións publicadas hoxe:

Detectouse un erro na catalogación como mérito de FP 2º grado, rama administrativa e comercial. Esta titulación debe computar como mérito noutras actividades nas categorías de G. Auxiliar da F. Administrativa e PSX, e por un erro de mecanización (que xa foi subsanado), non aplicou como mérito á categoría de Grupo Auxiliar da Función Administrativa.

Dado o gran número de persoas afectadas e as dificultades para a xeración dun novo listado enmendado o erro, informámosvos,  para que  llo trasladedes ás persoas interesadas, que foi subsanado na aplicación e que sairá baremada dita titulación nas listas definitivas.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto