Noticias Persoal Contratacións Nova publicación de listas provisorias de puntuación de celador/a, PSX e Aux. Admtvo.
 
 

Nova publicación de listas provisorias de puntuación de celador/a, PSX e Aux. Admtvo.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Segundo información do SERGAS, vaise proceder a unha nova xeración de listas provisorias de baremación de PSX, Celadores/as e Auxiliar da Función Administrativa despois de corrixir certos erros de baremación:

* As titulacións de FP2 da rama administrativa e comercial catalogáronse como mérito no grupo administrativo en lugar do grupo auxiliar e por este motivo, as 1222 persoas das listas de aux. admtvo non tiñan incorporados na puntuación os puntos de Outras Actividades correspondentes a esta titulación.

* Os servizos prestados noutra categoría da mesma área funcional en institucións sanitarias do SNS foron valorados só nunha área funcional, pero non en todas as previstas para cada categoría. Cando se fixeron as listas de técnicos (1º proceso) só había un único ámbito funcional e por iso non xurdiu a incidencia.

Como o proceso de xeración de listas non é automático, senón que esixe un novo proceso que leva tempo, ata o venres non será posible publicar os novos listados xerados, xa con estes erros corrixidos.

Desde o SERGAS van enviar a DOG unha resolución de corrección de erros, e indican que se abrirá novo prazo de reclamacións de dez días naturais.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto