Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria O Partido Popular impide o debate da Iniciativa Lexislativa Popular en Defensa da Sanidade Pública
 
 

O Partido Popular impide o debate da Iniciativa Lexislativa Popular en Defensa da Sanidade Pública

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Considera que evidencia así o seu talante antidemocrático.

CIG-Saúde denuncia que o PP non quere debater a ILP de SOS Sanidade Pública para non dar a coñecer o seu programa oculto en materia sanitaria

A negativa do PP a incluír para o seu debate en sede Parlamentaria a ILP presentada pola Plataforma SOS Sanidade Pública e avalada por máis de 40.000 sinaturas de galegos e galegas que amosaron así o seu apoio ao modelo de sanidade pública, universal, gratuíta e de calidade  é, para a CIG-Saúde a constatación do talante profundamente antidemocrático do Partido Popular.

CIG-Saúde considera que o PP quere impedir o debate en sede parlamentaria desta Iniciativa Lexislativa Popular, para evitar ter que posicionarse a favor ou en contra do texto e, sobre todo, para evitar dar a coñecer o seu verdadeiro programa en materia sanitaria.

Para a central sindical esta absoluta falta de transparencia estaría condicionada pola proximidade das eleccións e a posibilidade de que se produza un adianto na convocatoria dos comicios. María Xosé Abuín, secretaria nacional da CIG-Saúde afirma que “o PP adoita funcionar así, presenta un programa electoral, pero logo o que aplica é outro, que oculta para evitar o masivo rexeitamento social que provocaría de ser coñecido”.

Abuín asegura que agora, cando se están a producir os recortes, “é cando máis transparencia tiña que haber sobre o modelo sanitario que o PP quere implantar no noso país. Pero non quere recoñecer que o que pretende é seguir a vía da privatización, do copago e do deterioro progresivo da sanidade pública, negándose a aplicar plans como o de mellora de atención primaria, entre outros”.

CIG-Saúde considera ademais que queda claro o profundo fondo ideolóxico desta decisión do PP, que porén, non tivo problema algún en admitir para o seu debate e mesmo aprobar a única ILP á que lle deu cabida en ámbito parlamentario, a presentada pola organización ultracatólica Red Madre de apoio á muller embarazada.

Compostela, 20 de xuño de 2012.

Gabinete de Comunicación

Confederación Intersindical Galega

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto