Noticias Outras novas Outras novas Manifesto contra a Privatización da Sanidade Pública
 
 

Manifesto contra a Privatización da Sanidade Pública

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo
CONTRA Á POLÍTICA PRIVATIZADORA QUE PROMOVE A XUNTA DO P.P. E EN APOIO DAS MOBILIZACIÓNS DAS/OS TRABALLADORAS/ES E DAS PLATAFORMAS CIDADÁNS QUE DEFENDEN A SANIDADE PÚBLICA.

Resolución do Consello Nacional de CIG-Saúde do 22 de febreiro de 2010.

A chegada do PP á Xunta de Galiza despois das últimas eleccións, está tendo como consecuencia unha forte ofensiva contra a sanidade pública e a prol da privatizacións da construción das infraestruturas sanitarias e da xestión privada da sanidade pública. Nunha estratexia dirixida directamente polo Presidente da Xunta e a Conselleira de Sanidade, a ultraconservadora Pilar Farjas, o PP pretende aplicar rancias receitas neoliberais privatizadoras na sanidade pública, que xa teñen demostrado amplamente (no Reino Unido, en Valencia, en Madrid,...) que son ineficaces para solucionar os problemas que teñen que afrontar os sistemas sanitarios públicos, e que teñen nefastas consecuencias de deterioro da calidade da atención prestada as/os usuarias/os e de precarización das condicións laborais das/os traballadoras/es da sanidade pública. Resulta realmente rechamante o feito de que un goberno que, nas eleccións de marzo de 2009, sacou 4.000 votos menos que a oposición, e só unha/un deputada/o máis, actúe de xeito tan sectario e unilateral, sen pretender nin buscar ningún tipo de consenso, nun tema tan delicado e transcendente para o futuro do sistema sanitario público como este.

Os elementos máis evidentes, malia que non os únicos, desta ofensiva conservadora son a decisión de PP de construír os novos hospitais de Vigo e Pontevedra e todos os centros de saúde co modelo denominado “Iniciativa de Financiamento Privado” (PFI), así como de facer responsábel da xestión de toda a tecnoloxía do novo hospital de Lugo a Galaria.
Nesta situación CIG-Saúde:
  • Oponse rotundamente aos intentos de privatizar a sanidade pública galega, e reafirma a súa aposta por unha sanidade pública de calidade, con financiamento e xestión plenamente públicos.
  • Promoverá todas as mobilizacións que sexan precisas para conseguir que esta brutal ofensiva privatizadora que promove o PP fracase. Que é posíbel conseguilo, demóstrao a experiencia de que as mobilizacións dos traballadores e da cidadanía foron o elemento clave para o retorno ao sistema sanitario público das Fundacións Hospitalarias (Cee, Barbanza, Verín,...) e das outras “novas formas de xestión” (INFO, Medtec,...) que no pasado xa tentou poñer en marcha o PP.
  • Apoiará e se integrará en todas as plataformas cidadáns existentes no noso pais que defendan a sanidade pública e se opoñan a súa privatización, como é o caso das plataformas existentes nestes momentos, así como naquelas outras que poidan xurdir con eses mesmos obxectivos.
  • En todos os órganos de representación (xuntas de persoal, comités de centro,...) e en todas as instancias de negociación (mesas sectoriais,...), os representantes de CIG-Saúde xogarán un papel activo defendendo as posicións da CIG e das plataformas cidadáns en defensa da sanidade pública e contra a privatización.
  • Esiximos que as novas infraestruturas sanitarias conteñan unha carteira de servizos que garanta as prestacións sanitarias que por dereito lle corresponden a poboación.
Compostela, 22 de febreiro de 2010.


 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto