Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria "Despedir" traballadores/as do sector público para salvar ao sector privado: a folla de ruta de Rajoy
 
 

"Despedir" traballadores/as do sector público para salvar ao sector privado: a folla de ruta de Rajoy

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O señor Mariano Rajoy, segundo informacións publicadas hoxe nalgúns medios de comunicación, tén pensado "adelgazar" a Administración Pública de xeito que pase do 43.6% do Produto Interior Bruto de hoxe ata un 35%, e parece ser que o fará "despedindo" miles de empregados/as públicos/as, aproveitando as "bondades" da Reforma Laboral aprobada a semana pasada, que permite facer EREs nas Administracións Públicas. A idea deste novo recorte é aforrar uns 80.000 millóns de euros que, como non, irán parar a certos rescates de entidades bancarias e financieiras. Ademais disto, tamén está na súa mente subir o IVE reducido e superreducido, aquel de produtos de primeira necesidade, ata o 18%. Ou sexa, resumindo: para poder rescatar a empresas financieiras PRIVADAS que despois de anos de especular cos nosos cartos deron grandes perdas, o goberno do señor Rajoy decide "recaudar" cartos eliminando sector público, botando miles de traballadores/as ao paro (bo xeito de diminuir as cifras de desemprego) e, unha vez máis, metendo mans nos nosos petos.

CIG-Saúde considera que esta medida (que se engade ás que xa vimos padecendo desde a chegada do señor Feijoo á Xunta e do señor Rajoy ao goberno central) non só é totalmente nefasta e innecesaria, senón que é outro paso máis no camiño emprendido polo neoliberalismo de eliminar todo resquicio de redistribución pública dos recursos, para seguir acumulando máis e máis riquezas en menos mans, deixando á maioría social, á clase traballadora, totalmente indefensa, sen posibilidades de ningún tipo e no máis puro "tanto tés, tanto vales".

Rajoy tamén vai solicitar aos gobernos das Comunidades Autónomas que fagan o propio coas Administracións autonómicas e, claro está, alí estará o noso Presidente Feijoo, presto a cumprir os desexos do seu "xefe", cando outros gobernos autonómicos están a declararse insumisos e non van secundar as medidas impostas desde Madrid. Pero en Galiza, o goberno do PP de Feijoo fai todo o que se lle manda desde a "capital do Reino", asinte, cala e outorga. Ese é o goberno autonómico que temos, 0% autonomía e 100% sumisión.

Cando parece que nalgúns estados da Unión Europea, como Francia, empezan a darse conta de que as medidas a tomar para recuperar a economía son totalmente contrarias ás que se formulan aquí (por exemplo, achegas fiscais progresivas en función da renda, é dicir: que pague máis quen máis ten), no Estado Español seguése indo cara o camiño oposto, afogar á poboación, pisar máis á clase traballadora, mentres outros/as se enriquecen á nosa costa. Xa está ben!

Defendamos o emprego público! Defendamos o sector público! Non aos recortes do PP!

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto