Noticias Persoal Contratacións Información da Comisión Central de Seguimento do Pacto de Contratacións, 25 de xuño
 
 

Información da Comisión Central de Seguimento do Pacto de Contratacións, 25 de xuño

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

1. CORRECCIÓN DE ERROS DAS LISTAS PROVISIONAIS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO, PSX E CELADOR.

Infórmannos de que o venres 22 se publicou en DOG esta corrección de erros abrindo un novo prazo de reclamacións de 10 días que non anula o anterior. Polo que as reclamación presentadas no primeiro prazo non se teñen que volver presentar.
A partir de agora xa non é posible imprimir os borradores das inscricións, xa que se atoparon con moitos casos de borradores rexistrados sen confirmar.
Infórmannos de que teñen previsto publicar as listas definitivas de Técnicos Superiores Sanitarios en xullo, previsiblemente na primeira quincena.
As listas provisionais de admitidos/excluídos de DUE, matronas, logopedas,… sairán publicadas no mes de xullo excepto Técnicos de Prevención que se publicarán despois do verán. En matronas ademáis pretenden publicar listas provisionais de admitidos con puntuación unha vez cumpridos os prazos de reclamacións, coa finalidade de dar resposta a un problema de indispoñibilidade nesta especialidade.
Durante xullo e agosto non se farán novas convocatorias.
En setembro sacarán convocatorias de máis categorías como poden ser fisioterapeutas e TCAE.
Este ano non se xerarán listas novas o 31 de outubro en ningunha categoría.

2. CORRECCIÓN DE ERROS DE ÁREAS ESPECIAIS DE ENFERMERÍA.
Teñen previsto que o 2 de xullo saia publicada a corrección de erros das áreas especiais de enfermería.
Dende CIG-Saúde solicitamos a eliminación da área especial de DUE de Servizo de Transfusións nos hospitais de O Barco e O Salnés, posto que se entendía que esta área especial estaba ligada ao servizo de transplantes.

3. ACORDO SOBRE MÉDICOS DE FAMILIA CON DIPLOMA DE PUERICULTURA.
A Administración fai a proposta de que no caso de indispoñibilidade de pediatras de atención primaria poderase chamar aos médicos de familia co máster en puericultura inscritos nas listas e por orde de puntuación. Solicitouse que non se lles ofertase contratos de longa duración, que a aceptación fose voluntaria e que a renuncia non tivese penalización. Quedaron en que enviarán unha proposta por escrito de acordo recollendo todas as peticións.

4. VARIOS.
- Solicitamos que se emitisen unhas instruccións clarificando o que significa a incorporación efectiva, onde se manteña ao mesmo sustituto independentemente de que no momento do cambio da causa do contrato de sustitución, non puidese asinalo por estar en IT, maternidade… Posto que isto non é causa de cese nun contrato de sustitución.
- Solicitamos que se emitan unhas instruccións sobre os chamamentos para a cobertura dos acúmulos de tarefas.
- Infórmannos de que en setembro-outubro as áreas de Santiago e Pontevedra queren asumir a xestión dos chamamentos. Dita proposta ten que dirixirse á Comisión Central para a súa aprobación.
- Infórmannos que se está a puntuar aos docentes/titores de teleformación. Puntúan por horas; dividen as horas do curso polo nº de titores ou docentes.
- Acéptase a nosa solicitude de que os servizos prestados como azafatas puntúen como Auxiliar Administrativo.
- Solicitamos que nas exFundacións se puntúen, os servizos prestados previos á integración, como Auxiliar Administrativo, posto que foi a categoría na que se integrou no Sergas e non en PSX. Quedaron en que revisarán estas situacións.
- Denunciamos a situación dun aspirante vinculado a un tercio de xornada ao que se lle sumou unha reducción de dous tercios completando a súa xornada pero sen que este novo contrato se ofertase á lista de contratación. Quedaron en revisar o caso concreto.
- Denunciamos que durante a negociación do novo pacto pretendíase consolidar a puntuación pola permanencia nas listas de curta duración. Solicitamos que se respetase a puntuación consolidada previa ao 2004. Non aceptan a nosa petición e aclaran que só puntúa o tempo de permanencia nas listas de curta duración dos inscritos nas listas xeradas como consecuencia do pacto do 2004. Aclaran ademáis que para o cálculo da puntuación pola permanencia nas listas de curta duración aplican a seguinte fórmula: (Días de dispoñibilidade/365) X 1,5 puntos. Para o cálculo dos días de dispoñibilidade exclúense os periodos de suspensións de chamamentos, penalizacións, descanso obrigatorio, vinculacións > 4 meses…

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto