Noticias Outras novas Outras novas O SERGAS da austeridade tira os nosos cartos en recursos xudiciais sen sentido
 
 

O SERGAS da austeridade tira os nosos cartos en recursos xudiciais sen sentido

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O pasado mes de xullo o xulgado do contencioso/administrativo de 1ª instancia de Lugo, ditaba unha sentenza pola que se recoñecía a unha traballadora do Hospital de Monforte, auxiliar de enfermaría, o dereito a disfrutar 2 días por exceso de xornada que o SERGAS se negaba a concederlle. A traballadora en cuestión, e tal e como recolle a sentenza, traballou segundo a súa carteleira 1748 horas, e unha vez descontadas as vacacións e as horas de libre disposición, a xornada realizada foi de 1550 horas, cando na táboa de xornada derivada do Acordo de Concertación Social corresponderíalle facer 1494 horas, polo que se lle adebedaban 8 días libres (56 horas) por exceso de xornada.
O que sucedeu é que a xerencia colocou ao seu criterio os días libres por exceso na carteleira desta traballadora, coincidindo que cando lle correspondía disfrutar 2 deles se atopaba en situación de IT, que é obviamente a estes efectos de cómputo neutro, polo que a xerencia tería que ter cambiado eses días de xeito que a traballadora os disfrutara fóra do tempo en que se atopou en IT. Precisamente a isto é ao que a sentenza do Contencioso de Lugo condena á Xerencia do Hospital Comarcal de Monforte, esixindo o recoñecemento por parte da xerencia deses dous días libres e a súa concesión.

Xa tén a súa enxundia que a Xerencia de Monforte non sexa capaz de recoñecer a neutralidade dos períodos de IT, e recolocar eses dous días libres, obrigando á traballadora a acudir aos tribunais para que se lle recoñezan os seus dereitos, senón que despois de que sexa emitida unha clarísima sentenza a favor da traballadora e recoñecéndolle os dereitos que lle nega o SERGAS, o máis grave é que agora o SERGAS vai recurrir a sentenza ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, co que de entrada terá que deixar un depósito para que poida ser tomado en consideración o recurso, e posteriormente se este recurso se perde, cousa que supoñemos que sucederá, será condenado a costas, cantidade moi superior ao que supoñen os 2 días libres desta traballadora.

Aquí está a austeridade do PP, tirando os nosos cartos en recurrir sentenzas que recoñecen ás/aos traballadoras/es os dereitos que o propio SERGAS lles nega.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto