Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria Qué pasa co Novo Hospital de Vigo?
 
 

Qué pasa co Novo Hospital de Vigo?

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Dadas as novas que se están a coñecer polos medios de comunicación sobre un escrito que foi remitido pola UTE encargada de construir o Novo Hospital de Vigo ao xulgado onde se ve o recurso contencioso-administrativo posto pola Plataforma SOS-Sanidade Pública, no que parece ser que se indica que non poden continuar as obras porque non teñen acceso a financiamento, CIG-Saúde quere lembrar que xa se viña advertindo que as obras estaban paralizadas, tanto pola nosa parte como desde a Plataforma SOS-Sanidade Pública. A Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, visitou hai escasamente un mes a cidade de Vigo e manifestou que as obras do hospital seguían para adiante, polo tanto mentiu.

Xa é hora de que a señora Conselleira fale claro, con transparencia, e explique dunha vez por todas se as obras do hospital de Vigo están paralizadas ou non, e se é debido a que a UTE encargada de levalas a cabo non pode financiarse, tal e como a propia empresa indica no documento remitido ao xulgado, segundo os medios de comunicación.

Desde CIG-Saúde, ímonos dirixir á señora Mosquera para que dea as oportunas explicacións sobre esta noticia, que está a preocupar á cidadanía e que ven confirmar os peores presaxios sobre a colaboración público-privada, xa antes de que o hospital estea construído, xa no propio proceso de construción. Ademais de esixir explicacións, tamén esixiremos medidas para atallar esta situación, medidas que vaian no camiño de reverter a construción do Novo Hospital de Vigo ao financiamento 100% público, como debeu ser desde un principio.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto