Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria Pedímoslle á Conselleira que convoque o Consello Galego de Saúde para informar da situación das obras do Hospital de Vigo
 
 

Pedímoslle á Conselleira que convoque o Consello Galego de Saúde para informar da situación das obras do Hospital de Vigo

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Este é o escrito que vimos de presentar no rexistro da Consellaría de Sanidade, dirixido a Rocío Mosquera, e mediante o cal pedimos que a propia Conselleira, en calidade de Presidenta do Consello Galego de Saúde, e pola potestade que ostenta como tal, realice unha convocatoria extraordinaria do Consello Galego de Saúde no que informe á cidadanía alí representada do que está a acontecer coas obras do Novo Hospital de Vigo e co seu financiamento. Señora Mosquera, asuma as súas responsabilidades, non pode ter á poboación desinformada.


Rocío Mosquera

Conselleira de Sanidade

San Lázaro, s/n.

 Santiago de Compostela.

Desde a CIG-SAÚDE vemos con moita preocupación as informacións que nos últimos días están saíndo á luz sobre o financiamento do futuro Hospital de Vigo.

En diversos medios de comunicación puidemos ler recentemente cómo a UTE adxudicataria das obras deste centro hospitalario emitiu un informe ao xulgado que leva o recurso contencioso iniciado pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Vigo, informe no que segundo parece se afirmaba literalmente que “a día de la fecha, transcurrido más de un año desde la adjudicación del contrato, el acceso a la financiación bancaria se ha visto cerrado”, o cal indica claramente que a estas alturas non hai financiación para continuar as obras do Novo Hospital de Vigo.

Non só iso, senón que pouco tempo despois vostede mesma realizou unhas declaración nas que afirmaba que a concesionaria “segue negociando coas entidades financeiras para conseguir a financiación”, confirmando así, que a día de hoxe non hai financiación, senón que se está a buscar.

Posto que se trata dun asunto de grande calado e que preocupa, e moito, á cidadanía, non só de Vigo, senón a toda a poboación galega, pensamos que este tema debe ser tratado no Consello Galego de Saúde, e vostede debe informar alí ás persoas designadas por diversas organizacións da sociedade que nel se atopan representadas.

Por este motivo, desde CIG-Saúde solicitámoslle que na súa calidade de Presidenta do Consello Galego de Saúde, e polas funcións que lle confire o artigo 6º da Orde de 20 de maio de 2005 pola que se establecen as normas xerais de organización e funcionamento do Consello Galego de Saúde, proceda a realizar unha convocatoria extraordinaria deste organismo e dar conta nel da situación actual das obras do Novo Hospital de Vigo e financiamento das mesmas.

 

            Agardando a convocatoria que solicitamos.

            Un saúdo.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2012.

Mª Xosé Abuín Álvarez

Secretaria Nacional de CIG-Saúde

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto