Noticias Persoal Contratacións Información da Comisión Central de Seguimento do Pacto de Contratacións, 13 de setembro
 
 

Información da Comisión Central de Seguimento do Pacto de Contratacións, 13 de setembro

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

1. Presentación do aplicativo de traslados internos no Expedient-e e pago telemático de taxas. O SERGAS amósanos cómo é o aplicativo para estas dúas opcións.Para traslados internos será moi sinxelo de aplicar. O primeiro centro onde se vai aplicar será en Lugo, o/a aspirante non terá que cubrir apenas datos, posto que xa virán cubertos. A solicitude será borrador e unha vez que se confirme non se poderá modificar e hai que imprimila e levala ao rexistro. Para os procesos nos que haxa pago de taxas, habilitarase a opción de facer o pago telemático (con tarxeta ou domiciliación) e seguirá operativa a opción de pagar persoalmente nas entidades bancarias. Tamén van habilitar unha enquisa de satisfacción de uso do Expedient-e.


2. Listas de contratación:
          a. Categorías do 1º proceso (Técnicos superiores): O luns 17 de setembro publicarase no DOG a resolución de listas definitivas de persoal técnico superior, que entrarán en vigor o día 1 de outubro.

          b. Categorías do 2º proceso: (celador, PSX e Aux. Admtvo) están terminando de resolver as reclamacións, contan con que durante o mes de outubro se publicarán as listas definitivas con entrada en vigor tamén nese mes.

          c. Categorías do 3º proceso (enfermaría, matronas, psicólog@s, traballador/a social, logopeda), pretenden publicar as listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as e provisionais de baremación durante o mes de outubro.

          d. Categorías do 4º proceso (Méd. Familia, Pediatra AP, Méd URX, Méd 061…): intentarán publicar as provisionais de baremación durante outubro ou novembro.

          e. Sobre as categorías que faltan:

  • i. En outubro van convocar todas as categorías SANITARIAS que faltan (Farmacéutico/a AP, Odontólogo/a, Fisioterapeuta, Enferm do traballo, Enferm de saúde mental, Terapeuta ocupacional, Téc Documentación, Téc Dietética-Nutrición, Téc Farmacia, TCAE).
  • ii. O resto de categorías (Oficios, Xestión e Servizos) abriranse a medida que se vaian pechando as que están agora en proceso, contan que sexa en novembro.

Desde a Admon. propoñen que as categorías de Enfermaría do Traballo, Técnico/a en Dietética e Nutrición e Técnico/a en Documentación sanitaria sexan autonómicas, atendendo á pouca contratación que hai, nula nalgunhas áreas. Piden o posicionamento das centrais sindicais a favor desta proposta. Desde a CIG abstémonos, posto que se  hai pouca contratación débese á política de privatizacións desta Consellaría de Sanidade, que prefire entregar os servizos a empresas privadas (que finalmente saen máis caras) que contratar persoal estatutario, obedecendo a intereses que non son os da cidadanía e do servizo público que é a sanidade. O problema da baixa contratación destas categorías créao a Admon. ao privatizar os servizos nalgunhas áreas, polo que debe ser a Admon a que decida qué facer agora con el. Nós non nos pronunciamos. Abren prazo de alegacións e solicitan unha vez máis a nosa comprensión e que apoiemos esta proposta.

3. Constitución das novas comisións de seguimento periféricas e extinción das anteriores:

  • a. A Dirección Provincial da Coruña tén pendente unha última reunión para tratar temas pendentes e rematar a súa labor. As novas comisións periféricas: Santiago (incorpóranse a ela o 061, CTG, Fegas e Ingo), Ferrol e A Coruña asumirán os chamamentos a medida que se vaian publicando as listas do novo pacto, para evitar interferencias dos dous modelos de xestión de listas. Mentres, será a Dirección Provincial a que siga asumindo estes chamamentos. Na Comisión Periférica de Santiago, o 061 e o CTG terán que dar cumprida conta das contratacións que se fagan neses organismos en todas as áreas. O 061 realizará os chamamentos de menos de 60 días polas súas listas, os de máis de 60 días serán realizados pola Comisión Periférica.
  • b. Pontevedra asumirá tamén os chamamentos a medida que se publiquen as novas listas.
  • c. O resto de comisións queda igual: En Vigo e Lugo non hai área de xestión integrada polo que quedan as Direccións Provinciais. En Ourense, ao ser área única (contra a nosa opinión), só cambiará de nome (Comisión Provincial por Comisión Periférica), pero asumirá o mesmo.

4. Chamamentos técnicos de prevención. Están revisando as titulacións dos/as aspirantes. Teñen que facelo practicamente un por un, porque son titulacións moi heteroxéneas. As listas van tardar en sair, polo que propoñen unificar as listas dos tres tipos de técnico nunha soa e chamar pola orde de puntuación a quen teña as tres titulacións. Asíntese.


5. Acordo de non aplicación da cláusula II.4.3 do pacto durante o ano 2012. Como é obvio, non vai ser posible xerar unhas novas listas a 31 de outubro. Por este motivo, acórdase “deixar sen efecto durante o ano 2012 a aplicación automática da cláusula que establece a devandita norma”. Isto quere dicir que a segunda xeración de listas de todas as categorías será o 31 de outubro de 2013.


6. Médicos/as de Familia con Diploma en Puericultura. Acórdase que en caso de indispoñibilidade de pediatras, tirarase das listas de médicos/as de familia (os que teñan diploma de posgrao en puericultura). No caso de non haber médicos/as con esta titulación poderase chamar a médicos/as de familia sen esta titulación, pero non para contratos de longa duración, e sempre que acepten voluntariamente atender pediatría.


7. Rogos e preguntas. Propostos pola CIG-Saúde:

  • Solicitamos unha vez máis un listado de categorías compatibles da Xunta de Galiza, de xeito que se saiba qué categorías da Xunta puntúan en qué categorías do SERGAS.
  • Matronas e TEF: ante as reiteradas indispoñibilidades que se teñen dado nestas categorías, debátese o criterio de chamamentos en caso de indispoñibilidade. Houbo tamén problemas nas contratacións de Técnicos de Farmacia, onde, ante a indispoñibilidade de aspirantes, chegou a contratarse xente que rematou as prácticas no centro nese momento. Apróbase o criterio xeral de que en caso de indispoñibilidade os chamamentos deben ter concorrencia pública e nunca ser chamamentos arbitrarios ou a dedo. Nós pedíamos un criterio xeral máis concreto, pero apelouse á autonomía das Comisións Periféricas, que poderán acordar de qué xeito actúan en caso de indispoñibilidade, sempre consultando a todos os membros da Comisión, e sempre acordando métodos que inclúan concorrencia pública. No caso das matronas, por exemplo, falábase de tirar das persoas apuntadas no expedient-e como matronas de Promoción Interna, excluídas por non cumprir o criterio dun ano con praza en propiedade. Isto foi o que se aprobou na Comisión Periférica da Coruña. Solicitamos que na nova lista de matronas xa non se tivera en conta o mínimo dun ano con praza, pero non é posible porque non foi contemplado na convocatoria.
  • DUE contratadas para Medicina Nuclear (Galaria Vigo) e que despois son enviadas a traballar a Ourense. Clarificaráselle á Comisión de Seguimento e a Galaria que os chamamentos de Ourense hai que facelos pola lista de Ourense.
  • Burela: contratos de tempo parcial que se convertiron en xornada completa. Quedaron de volver miralo coa xerencia, inda que apuntan que foi para cubrir as vacacións do titular. Non é a información que temos nós.
  • Tamén se lle clarificará á Comisión de Seguimento de Ourense que o criterio para chamar en caso de indispoñibilidade de xente nunha lista de área especial é chamar primeiro pola lista xeral e se non hai ninguén nesa lista “rescatar” ás persoas que están no descanso obrigatorio por orde estrita de lista.
  • CTG: clarifícase que este organismo tén que chamar polas novas listas de Técnicos Especialistas en canto estean en vigor, e que o persoal laboral debe ser substituído con persoal estatutario.
 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto