Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria Cospedal, Feijóo e o cobro de asistencia sanitaria aos usuarios e usuarias sen dereito a ela
 
 

Cospedal, Feijóo e o cobro de asistencia sanitaria aos usuarios e usuarias sen dereito a ela

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O Servizo de Saúde de Castilla La Mancha comeza a cobrar a asistencia sanitaria aos

USUARIOS/AS SEN DEREITO A ASISTENCIA SANITARIA

 Publicado o 13 de Setembro de 2012 no BOCM

Os centros sanitarios do Servizo de Saúde de Castilla La Mancha deberán aplicar, ás asistencias prestadas a partir do 1/01/2012 nos supostos cuxo importe ten que reclamarse aos TERCEIROS OBRIGADOS AO PAGO ou aos USUARIOS/AS SEN DEREITO A ASISTENCIA SANITARIA da Seguridade Social ... os prezos que se detallan a continuación... prezos que dependerán do Hospital ao que acudan as enfermas ou enfermos, xa que non todos cobran igual, un máis e outros máis se cabe....

Prezos por hospitalización por “día de estancia e cama ocupada”, de acordo coa clasificación dos hospitais ... os cinco primeiros días, ata 580,75 euros; e se a estancia é no servizo de hospitalización Quirúrxico ata 1.138,97 euros. E se é un cativo ata 970,25 euros por estar na planta de pediatría cinco días...

Unha cesárea con complicacións 4.392,77€ e se é de alto risco ata 6.264,49€.

O prezo por intervención quirúrxica ambulatoria será 738,41 euros.

O prezo por urxencias  será 222,73 euros. Se facturará sempre, tanto si o paciente ingresa no Centro coma se é dado de alta.

Hemodiálises: O prezo  comprende a analítica e radioloxía rutineira, así como as transfusións. Se facturará, tanto a pacientes hospitalizados como en réxime  ambulatorio, por cada sesión 282,64 euros.

TAC: Por estudo simple con ou sen contraste 158,85 euros e por estudo dobre con ou sen contraste 230,05 euros.

Resonancia magnética: por cada resonancia 294,31 euros.

Resonancia dobre: 412,00 euros.

O transporte sanitario será por conta  directa do paciente. No caso de que se realice con medios propios do SESCAM, efectuarase aplicando os seguintes prezos... entre outros, o servizo ordinario e o de urxencias, neste atópase por exemplo, 1.033,13 euros por asistencia dunha ambulancia de Soporte Vital Avanzado (UVI Móbil), 394,29 euros pola asistencia dunha ambulancia de Soporte Vital Básico e 192,62 pola asistencia dunha ambulancia de Urxencias (Non asistencial de Urxencias).

E moitos, moitos máis prezos se entrades no BOCM do 13 de setembro de 2012... non ten perda!!!

 

Sr. Feijóo, unha vez remate a campaña electoral,

vai facer o mesmo?

vaise esquecer das súas propostas precampaña?

vainos aplicar estes prezos?

ou aínda serán superiores?


Descarga, imprime e reparte o cartaz no teu centro de traballo

 

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto