Noticias Persoal Contratacións CIG-SAÚDE denuncia o nepotismo da Administración Sanitaria nas contratacións do persoal das listaxes de contratación.
 
 

CIG-SAÚDE denuncia o nepotismo da Administración Sanitaria nas contratacións do persoal das listaxes de contratación.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

O luns 17 de setembro publicouse no DOG a  RESOLUCIÓN de 28 de agosto de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se procede a dar publicidade as  listas definitivas das persoas aspirantes admitidas, co  número de orde  e a puntuación, con respecto ao proceso de inscrición de aspirantes para vinculacións temporais nas diversas categorías de:

 1. Técnico/a superior en Anatomía Patolóxica e Citoloxía.

2. Técnico/a superior en Radioterapia.

3. Técnico/a superior en Hixiene Bucodental.

4. Técnico/a superior en Imaxe para ol Diagnóstico Clínico

.5. Técnico/a superior en Laboratorio de Diagnóstico Clínico.

  Na devandita resolución recollese:

Segundo. As  listas entrarán en vigor na data de 1 de outubro de 2012,”.

                Por acordo da comisión central de seguimento do pacto, unha vez publicada a data de entrada en vigor das novas listaxes, non se realizaban chamamentos de longa duración polas listaxes da anterior convocatoria.

                Esta decisión estaba baseada en criterios de transparencia, para que  non se manipúlase a oferta dos vínculos unha vez coñecidas a novas puntuacións e  orde de prelación das/os aspirantes nas novas listaxes.

                Neste momento o SERGAS está a ofertar contratacións de longa duración pola listaxes da anterior convocatoria. A data de incorporación do persoal será a do 1 de outubro de 2012.

                CIG-SAÚDE denunciou esta situación perante a Dirección de RRHH do SERGAS, solicitando a anulación destes chamamentos, xa que nalgún caso  maniféstase claramente a intención do hospital  de favorecer á  persoa que van a contratar.

É curioso, e mesma mente sorprendente, que o día 26 de setembro se oferte un contrato de longa duración no Hospital de Monforte para cubrir a ausencia da súa titular que está en comisión de servizo no HULA desde o mes de abril. Pero o máis rechamante  é que na actualidade a ausencia desta titular está cuberta por un contrato de acumulación de tarefas  que remata  o 30 de setembro. Nunha época de recortes dous contratos para a mesma praza.

                Desde CIG-SAÚDE reiteramos a nosa solicitude perante a Dirección de RRHH do SERGAS, para que diten as instrucións oportunas e  se anulen estes chamamentos, debendo estes realizáranse polas novas listaxes.

                 Con estas actuacións, a Administración  ven a por de manifesto  a necesidade de  regular no pacto de contratacións as súas obrigas; aínda que estas xa estean reguladas por Lei.

                CIG-SAÚDE esixe da Administración que cumpra os criterios  constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, e que non utilice o pacto de contratacións para favorecer aos seu achegados.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto