Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria Cando as barbas do veciño Portugal vexas cortar... Evitemos remollar as nosas votando o 21 de outubro!
 
 

Cando as barbas do veciño Portugal vexas cortar... Evitemos remollar as nosas votando o 21 de outubro!

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Portugal vai por diante de nós en rescate e recortes. Despois das eleccións galegas o Estado Español pensa pedir o rescate, virán máis recortes, como os que agora azotan Portugal

A OLIGARQUÍA, en ciencia política, é unha forma de goberno na que o poder supremo está en mans de poucas persoas. Os escritores políticos da antiga Grecia utilizaron este termo para designar de forma dexenerativa e negativa á aristocracia. Xa se anticiparon ao que  ía a pasar no século XXI.

Agora no ano 2012 esta oligarquía financeira sustentada polos gobernos de dereitas, está a exercer este poder supremo traspasando os soldos das traballadoras e traballadores ás súas contas para seguir acumulando riqueza.

Nestes días o Parlamento de Portugal fixo públicos os seus orzamentos. Orzamentos esixidos pola Troika, que conta co visto e prace da oligarquía financeira, e coa aprobación das institucións europeas. Orzamentos que non distan moito dos que terá que elaborar o goberno do Estado Español cando se materialice o segundo (2º) rescate. Orzamentos sometidos á ditadura dos mercados, que o Sr Rajoy cumprirá obedientemente. E con posterioridade, se segue no goberno, o Sr Feijóo trasladará a Galiza.

Non podemos seguir crendo nas súas mentiras. O rescate de España terá as mesmas condicións perversas para a clase traballadora que está a ter en Portugal e Grecia. A TROIKA non vai ser mais benévola co Estado Español.

Non podemos esquecer que, de seguir no goberno o Partido Popular, as/os traballadoras/es sufriremos os mesmos saqueos que están a sufrir en Portugal e Grecia, simplemente aquí chegaran cun ano de atraso.

Este é o IRPF que van contemplar as nóminas das traballadoras e traballadores Portugueses no ano 2013:

SALARIO ANUAL

RETENCIÓN IRPF

RECARGO

TOTAL IRPF.

7.000 €

14.5 %

4 %

18.5 %

7.001  a 20.000 €

28.5 %

4 %

32.5 %

20.001 a 40.000€

37%

4 %

41 %

40.001 a 80.000€

45 %

4 %

49 %

+ de 80.000€

48 %

4 %+ 2.5 %

55 %

Se este IRPF se aplicase aos salarios SERGAS, a consecuencia seria que se nos descontaría neste concepto un mínimo dun 32,5 % para o antigo grupo E (celador/a, pinche…) até un 49% para o grupo A.

 Isto non vai ser un recorte salarial, isto será unha incautación legal do noso salario.


 

Hai un dito galego que di "Sempre nos quedará Portugal" mais…

queremos chegar a estar como está agora mesmo

a clase traballadora portuguesa?

.

Na nosa man está evitalo!

O 21 de Outubro vota para botalos!

Descarga e difunde!

 

 

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto