Noticias Outras novas Mobilizacións Publicados os abusivos servizos mínimos impostos pola Administración para a folga do 14 de novembro.
 
 

Publicados os abusivos servizos mínimos impostos pola Administración para a folga do 14 de novembro.

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publícanse hoxe no DOG os servizos mínimos impostos pola Administración para os servizos sanitarios. Uns mínimos que CIG-SAÚDE non aceptou por abusivos, por pretender usurpar o dereito á folga d@s traballador@s da sanidade formulando uns servizos mínimos que nalgúns casos superan o persoal que traballa habitualmente nun día laborable.

Nalgúns centros toman tan "en serio" o tema dos servizos mínimos que establecen, como no caso do Sanatorio El Carmen de Ourense, uns mínimos que son iguais para calquera quenda, formulando por exemplo uns mínimos de 44 persoas en persoal sanitario non facultativo (para a quenda nocturna tamén?), o que quere dicir máis de 3 veces maior que nunha quenda nocturna de día laborable habitual.

En Povisa, como en ocasións anteriores, seguen sen saber plasmar nun papel cantas persoas traballan "habitualmente" ou "en domingos" ou "en sábados" e seguen usando este tipo de nomenclatura en lugar de concretar o número de efectivos de servizos mínimos. Un xeito moi cómodo de poñer os mínimos que lles pareza, conculcando o dereito á folga do persoal que alí traballa.

CIG-SAÚDE, unha vez máis, non aceptou os servizos mínimos impostos pola Administración, e así o fixo constar na acta da sesión.

CIG-SAÚDE solicita que os mínimos sexan igual as presenzas que hai nos centros un domingo ou festivo, xa que con isto está garantida a atención permanente e continuada durante as 24hs.

CIG-SAÚDE rexeita os mínimos impostos pola Administración por ser abusivos. Estes servizos mínimos decrétanse coa intención de minimizar a paticipación d@s traballador@s na folga.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto