Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria Outra "verdade" de Feijóo: Baixada salarial do 7%
 
 

Outra "verdade" de Feijóo: Baixada salarial do 7%

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Almorzamos hoxe cunha noticia que non fai senón ratificar a verdade de chamarlle mentirán a Feijóo.

Despois de prometer por activa e por pasiva durante a campaña electoral que non tocaría os salarios d@s empregad@s públic@s, e de levar tempo gabándose do marabillosamente ben que seica van as cousas por aquí, vimos de saber a través dunha publicación no diario El País que na lei de orzamentos do ano 2013 contémplase unha rebaixa dun 7% para as contías dos salarios do persoal ao servizo da Administración Pública, o que significa que se consolida a eliminación dunha das "pagas extra".

Desde Función Pública convócasenos mañá a unha reunión para "informarnos" do contido da Lei de Orzamentos no referente á masa salarial do capítulo I, ou sexa, para que saibamos cal é a súa intención. Que non pensen que imos quedar de brazos cruzados escoitando as súas escusas baratas. A CIG, coma sempre, fará todo o que estea na súa man para frear esta medida.

FEIJÓO O MENTIRÁN ATACA DE NOVO: AGASALLO DE NADAL PARA O PERSOAL DA ADMINISTRACIÓN, UN 7% MENOS DE SALARIO

RESPOSTÉMOSLLE!!!

 Ante a convocatoria extraordinaria da Mesa Xeral de Empregados/as Públicos/as da Xunta de Galiza onde o goberno galego nos vai dar conta do Capitulo I dos Orzamentos Xerais.

Hoxe diversos medios de comunicación fanse eco da nova que mañá nos queren anunciar: un recorte do 7% nas retribucións no 2013. Se mañá o goberno do PP nos vai informar dun recorte desta magnitude, non podemos permanecer pasivos/as e temos que demostrárllelo concentrándonos diante da EGAP ás 13:30 horas.

CONCENTRACIÓN MAÑÁ 21 DE DECEMBRO NA EGAP ÁS 13:30 HORAS

 NON AOS RECORTES DE FEIJÓO!!!!

-----

A Área Pública da CIG oporase frontalmente a calquera novo recorte nos salarios dos empregados/as das administracións

A central nacionalista convocará mobilizacións en todo o sector pública para evitar a rebaixa salarial do 7% que pretende aplicar a Xunta

A Área Pública da CIG (Ensino, Saúde e Administración) amosa a súa total oposición a un posíbel novo recorte do 7% nos salarios das empregadas e empregados públicos, tal e como se afirma este xoves nos medios de comunicación, e que previsibelmente será anunciado mañá ás organizacións sindicais na xuntanza da Mesa Xeral. Unha vez máis os empregados/as públicos serán as primeiras vítimas dos recortes que xa ten preparados o goberno de Núñez Feijoo para os Orzamentos Xerais de 2013.

En febreiro pasado, a Xunta de Galiza xa se adiantou ás medidas que en xullo aplicou o goberno de Mariano Rajoy (eliminación do complemento das baixas por incapacidade, redución dos días de asuntos propios, retirada do fondo de acción social, suspensión na práctica do dereito á negociación colectiva, modificación unilateral do convenio, etc.), asegurando que aplicaba estes recortes co obxectivo de evitar novos baixadas salariais. Agora, e a pesar das promesas lanzadas na campaña electoral, semella que Núñez Feijoo estará unha vez máis á vangarda dos recortes.

As federacións da Área Pública da CIG denuncian que a Xunta de Galiza pretende que sexan novamente as súas traballadoras e traballadores quen paguen os recortes que a administración vai realizar para cumprir as exixencias de Bruxelas e do estado español, no relativo á contención do déficit público.

Á espera de confirmar esta decisión e o modo no que o Goberno do PP pretende aplicar a rebaixa (supresión dunha paga extraordinaria ou no conxunto das retribucións), a central nacionalista advirte que non ficará parada e proporá un novo calendario de mobilizacións en todo o sector para facer fronte a esta agresión. Cómpre lembrar que, de aplicarse a baixada do 7%, os salarios das empregadas e empregados públicos teríanse retraído case un 30% nos últimos catro anos.

Para a central sindical estamos ante un novo ataque que suporá afondar no proceso de desaparición e desmantelamento dos servizos públicos -que nestes momentos padecen unha insostíbel falta de medios humanos e materiais- no marco do proxecto privatizador que está a desenvolver o PP. 

Por iso, dende a Área Pública da CIG faise un chamamento a todo o persoal da Xunta de Galiza a que se mobilice na defensa activa dos seus dereitos e participe nas accións de protesta convocadas para hoxe mesmo en todo o País.  

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto