Noticias Persoal Contratacións Publicadas as listas corrixidas do 3º proceso
 
 

Publicadas as listas corrixidas do 3º proceso

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

Publícase hoxe no DOG e na páxina do SERGAS a corrección das listas provisionais de baremación das categorías de enfermeira/o, enfermeira/o do 061, matrona/matrón, traballador/a social e logopeda. Ábrese un novo prazo de reclamacións:

Contra a lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as cuxa publicación se anuncia na presente resolución, as persoas interesadas poderán interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpor recurso de reposición ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes contado desde o día seguinte á data de publicación das listas definitivas.

Así mesmo, as persoas aspirantes admitidas, só con respecto aos resultados da baremación recollida nas listas provisionais de admitidos con puntuación, poden presentar reclamación ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo de dez días naturais contados desde o día seguinte á data de publicación das citadas listas provisionais.

Resolución publicada hoxe: 

  • RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2012 que modifica a Resolución de 3 do decembro de 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se publican as listas definitivas de admitidos/as e excluídos/as e se procede a publicar os resultados provisionais de baremación dos/as aspirantes admitidos/as co seu número de orde, con respecto á convocatoria de inscrición de aspirantes para vinculacións temporais en diversas categorías sanitarias e de xestión e servizos no ámbito das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas á Consellería de Sanidade.  Descargar PDF

Modelo de reclamación: descargar aquí.

______________________________________________________

Actualización:

O SERGAS ven de remitirnos unha mensaxe na que nos anuncia unha ampliación do prazo de reclamacións, que será publicada en breve no DOG:

Informamos que o prazo de reclamacións das listas seguintes, ampliarase ata o 4 de xaneiro (inclusive).  O Acordo que se xunta será publicado previsiblemente o día 31/12/2012 no DOG.  Indicarémosvos a data exacta da publicación no DOG en canto dispoñamos dela.

Listas:

·         Enfermeiro/a.

·         Enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

·         Enfermeiro/a especialista en obstetricia-xinecoloxía (Matrón/a).

·         Logopeda.

·         Traballador/a Social.

 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto