Noticias Política Sanitaria Novas sobre Política Sanitaria Recorte salarial para o 2013: máis paus ao lombo do persoal público
 
 

Recorte salarial para o 2013: máis paus ao lombo do persoal público

Correo-e Imprimir PDF
Partillar no Chuza!Partillar no TwitterPartillar no FacebookPartillar no TuentiPartillar no MenéamePartillar no Cabozo

No día de hoxe celebrouse a reunión de Mesa Xeral de Empregadas/os Públicas/os. Nesta reunión o Director de Función Pública e o Director Xeral de Orzamentos desmentiron rotundamente as declaracións de Feijóo á saída onte do Consello da Xunta, nas que descaradamente e sen ningún escrúpulo afirmaba que as/os traballadoras/es públicas/os iamos ter no ano 2013 un incremento salarial do 3%. Como cambia a conta, segundo o Director Xeral de Orzamentos imos ter unha redución da masa salarial do 4%.

Como fai as contas o troleiro de Feijóo? Se este ano, coa supresión da paga extra, tivemos unha redución do 7% e para o ano recuperamos as pagas extras, e só nos descontan o 4% da masa salarial, no 2013 temos un incremento do 3% sobre as retribucións do ano 2012. Qué listo o Albertiño!

Pero, fagan as contas que fagan desde o PP, a realidade é que as/os traballadoras/es da Xunta de Galiza imos ter unha perda no ano 2013 dun 4% da masa salarial, que acumulada ao anterior dá unha perda do 33, 3%, ao que hai que engadirlle un 11% que se perdeu no seu momento pola suspensión do acordo retributivo 2008-12. 

Entre o ano 2002 e o ano 2012 o IPC subiu na Galiza un 37.6 % mentres que a suba salarial neste período foi dun 7.3%. É dicir, a perda de poder adquisitivo cífrase nun -29.3%.

No ano 2013 haberá que sumarlle unha perda de masa salarial do 4%.

Sumando todo o montante, a perda de poder adquisitivo que sufrimos as/os traballadoras/es do SERGAS no periodo 2002-2013, ascende a:

29.3% (perda total entre 2002 e 2012)+4% (recorte do ano 2013)+11% (suspensión dos acordos retributivos),

o que fai un total de -44.3% de perda de poder adquisitivo.

 

 

Como se vai aplicar a perda do 4% da masa salarial?

A Administración dí que a perda do 4% equivale á eliminación do complemento específico nas pagas extras das/os funcionarios. Pero como a contía do complemento específico non é igual nos 3 sectores (Admón, SERGAS e Educación) teñen que calcular sectorialmente como se vai a aplicar a redución. Desde CIG-Saúde preguntamos como se vai facer no SERGAS este cálculo, e o Director Xeral de Orzamentos contestou que non o tiñan estudado.

Tamén nos preguntamos, desde CIG-Saúde, se no concepto de masa salarial se contemplan todos os complementos. Qué pasa coa Atención Continuada, por exemplo? Qué pasa coa nocturnidade, complementos de festivos, gardas, etc...? Tamén o incúen dentro da masa salarial á que aplicarlle o 4%?

Durante a reunión desta mañá, preguntámoslle a Marga Prado, a nova directora de RRHH do SERGAS, sobre estas cuestións e a súa resposta foi que tiña a mesma información ca nós. A volta do Nadal saberemos como se aplica no SERGAS a perda de masa salarial do 4% para o ano 2013. 

Mais nós non imos agardar de brazos cruzados a que estuden como pegarnos o recorte! Non o imos consentir! Non máis paus no lombo do persoal público!

 

FEIJÓO, MENTIRÁN, @S EMPREGAD@S PÚBLIC@S DECLARÁMOSCHE A GUERRA!!!


 
 
 
 
 
 
 
 

rss queremos-galego FUNDmonchoREBOIRAS

1leftarrow-icone-5226-48

 

Confederación Intersindical Galega - Federación de Saúde
Miguel F. Caaveiro, 10 - Santiago de Compostela 
Telf 981 55 28 26 - Fax 981 57 10 82
executiva@cig-saude.info - secretarianacional@cig-saude.info - saudelaboral@cig-saude.info

2uparrow-icone-4301-48 1rightarrow-icone-9847-48

Este sitio utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia dos e das usuarias. Máis información sobre as cookies, o seu uso, modificación ou eliminación en política de cookies.
Se estás de acordo, preme este botón: Acepto